Francisco de Asís Cabrero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco de Asís Cabrero
Nome completoFrancisco de Asís Cabrero Torres-Quevedo
Nacemento4 de outubro de 1912
 Santander
Falecemento26 de febreiro de 2005
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Politécnica de Madrid
Ocupaciónarquitecto
editar datos en Wikidata ]
Casa Sindical (actual Ministerio de Sanidade e Consumo), Madrid.
Vista da Casa Sindical de Madrid.
Sede do antigo periódico Arriba.

Francisco de Asís Cabrero Torres-Quevedo nado o 4 de outubro de 1912 en Santander e falecido o 26 de febreiro de 2005 en Madrid foi un arquitecto español.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou en 1932 na Academia de Belas Artes de San Fernando e dous anos despois na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Durante os seus anos de estudante, viviu en Madrid na casa do seu avó materno o inventor Leonardo Torres-Quevedo. A Guerra Civil supuxo un parón na súa formación e non obtivo o título de arquitecto ata 1942. A principios da década de 1940 comeza a traballar cos arquitectos Germán Álvarez de Sotomayor, Luis Gámir, Eduardo Olasagasti e José Antonio Coderch, viaxando a Italia, onde conoceu a Giorgio de Chirico e a Adalberto Libera, tomando contacto coa arquitectura de Giuseppe Terragni. En 1949, xunto con Rafael Aburto, ganou o primeiro premio do concurso para a Casa Sindical en Madrid, considerado o primeiro edificio moderno construído a instancias do goberno franquista trala Guerra Civil, que se converteu na súa obra máis coñecida.

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

En 1992 publicou a súa obra sobre Arquitectura titulada "Cuatro Libros de Arquitectura".

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. País, Ediciones El (2005-03-02). "Francisco de asís cabrero, la arquitectura bien hecha". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-03-22.