Francisco Rafael Augier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Rafael Augier
Francisco Rafael de Augier c1841.jpg
Nacemento20 de setembro de 1767
 Tui
Falecemento3 de novembro de 1847
 San Fernando del Valle de Catamarca
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
editar datos en Wikidata ]

Francisco Rafael Augier, nado en Tui o 20 de setembro de 1767 e finado en Catamarca (Arxentina) o 3 de novembro de 1847, foi un empresario galego radicado na Arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi bautizado na catedral de Tui co nome de Rafhael Francisco Antonio de los Dolores Augier y Rojano. Era fillo de Henry Augier Ferriere (emigrante de Montpellier) e da tudense María Ana Rojano Figueroa y Oia Ozores de Sotomayor, filla do malagueño Francisco Rojano de Figueroa y Salcedo.

Emigrou cara a Arxentina cando aínda era unha colonia española, xunto aos seus irmáns Pedro Evaristo (que se afincaría en Santiago del Estero e casaría con Andrea de Santa Ana Paz y Figueroa), Francisco Rafael e Vicente, que chegou a Tenente de Milicias na compañía de infantería de Dragones de Buenos Aires baixo as ordes do Vicerrei Rafael de Sobremonte). Francisco Rafael afincouse en Catamarca, traballando como comerciante e membro do Cabildo.

Axiña acadou reputación e representación no lugar. Foi un dos dignatarios da Acta de Autonomía de Catamarca, asinada o 15 de agosto de 1821, e que implicou a separación de Tucumán.

Casou con María Ignacia Correa y de Soria y Medrano filla de Juan Manuel Correa Barros e de María Antonia de Soria Medrano y Olmos de Aguilera. Tiveron unha gran descencencia: María Victoria (casada con Pedro de Segura y Cubas), Teresa (esposa de Pedro Ignacio Recalde), Pastora (casada con José Luis Lobo), Uladislao, Neófita (casada con Ramón Rosa Correa), Justa (esposa de Benjamín Herrera), Bernardina (casada con José Luis Cano Valdés), Juan Agustín e Francisco Marcelino Augier.