Encóntrase emprazada nas beiras do río de El Valle e ao pé da Serra de Ambato e da Serra de Ancasti, ten 399km² e atópase a 550 msnm. Ten 162.601 habitantes,[2] os que, sumados aos 40.255 habitantes dos outros departamentos do Gran San Fernando del Valle de Catamarca (Valle Viejo e Fray Mamerto Esquiú), representan arredor do 53,29% da poboación da provincia.
É un centro turístico por excelencia da provincia, sendo a súa arquitectura colonial un dos seus atractivos, e serve como enlace para moitos puntos turísticos. Ademais, trátase dun importante centro relixioso. Un dos principais eventos é a peregrinación á Virxe do Val, na que centos de peregrinos chegan a San Fernando del Valle de Catamarca para visitar a Igrexa da Virxe do Val (1694), coa imaxe venerada da Nosa Señora do Val.[5]
A San Fernando pódese chegar por vía aérea, no Aeroporto Coronel Felipe Varela, situado a 15km ao sueste da cidade, con voos regulares a Buenos Aires e A Rioxa, ou por vía terrestre en coche ou en ómnibus, na Terminal de Ómnibus de San Fernando del Valle de Catamarca.
↑Instituto Nacional de Estadística y Censos de la República Argentina. "INDEC - Censo 2001"(en español). Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2014. Consultado o 3 de agosto de 2013.
Universidad Nacional de Catamarca (2009). Ediciones Municipales, ed. La ciudad y su fundador(PDF). p.32. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 03 de novembro de 2011. Consultado o 03 de agosto de 2013.
Arte Gráfico Editorial Argentino, ed. (2006). Argentina Pueblo a Pueblo (Primeira ed.). p.144. ISBN978-950-782-732-7.
Municipalidade de San Fernando del Valle de Catamarca. Carta Orgánica Municipal. p.41. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2011. Consultado o 03 de agosto de 2013.