Francisco Otero González
Francisco Otero González | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1860 |
Lugar de nacemento | Lindín |
Falecemento | 14 de abril de 1880 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Causa | garrote |
Soterrado | Cementerio de San Martín, Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pasteleiro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Francisco Otero González, nado en Lindín (Mondoñedo)[1] en 1860 e finado en Madrid o 14 de abril de 1880, foi un pasteleiro galego, autor dun atentado frustrado contra os reis Afonso XII e María Cristina de Habsburgo-Lorena[2].
Atentado[editar | editar a fonte]
- Véxase tamén: Atentados contra Afonso XII.
O 30 de decembro de 1879 ás cinco da tarde, os reis cruzaban a praza de Oriente nun faetón guiado polo rei, precedidos polo correo e coa única compañía do cocheiro, sentado na parte traseira, e dun lacaio. No momento no que o coche entraba no Palacio Real pola porta do Príncipe, Otero, que estivera agardando a súa chegada xunto ás cabaleirizas, fixo dous disparos a curta distancia cunha pistola Lefaucheux de dous canóns cargada con balas de doce adarmes, errando os dous tiros.[3]
Detido inmediatamente, foi acusado de intento de rexicidio; o tribunal, desestimando a atenuante de alienación mental, condenouno a morte. O rei solicitou o seu indulto, mais o consello de ministros presidido por Antonio Cánovas del Castillo denegouno. En abril do seguinte ano Otero foi executado por garrote e os seus restos enterrados no cemiterio de San Martín.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ AgroEnlace. Colección de fotos de Riotorto (Lugo) informa da confusión con Guntín.
- ↑ Manuel Rey (12 de abril de 2020). "O pasteleiro de Mondoñedo que intentou matar a Alfonso XII". GCiencia.
- ↑ El Siglo Futuro, 31 de decembro de 1879, recolle as edicións dos principais xornais madrileños da época.
- ↑ La Correspondencia de España, 15 de abril de 1880, pág. 3.