Saltar ao contido

Francisco Marín Muñoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Marín Muñoz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Linares, España Editar o valor en Wikidata
Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil
2011 –
← Francisco Fernández Liñares Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Francisco Marín Muñoz, nado en Linares (Xaén) en 1960, é un funcionario galego, político vinculado ao PPdeG e presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Marín Muñoz é enxeñeiro agrónomo. Aprobou unhas oposicións ao corpo de enxeñeiros agrónomos do estado e ocupou diversos postos. En 1987 atopa o seu destino en Ourense. Na década de 2000, traballou para a delegación en Ourense da Consellería de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia. En 2011 foi nomeado presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, en substitución do socialista Francisco Fernández Liñares.