Francisco Marín Moya
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de decembro de 1893 (130 anos) Palma, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Francisco Marín Moya, nado en Palma o 7 de decembro de 1893, foi un militar español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Carabineiro. Tenente de Carabineiros, foi trasladado da Comandancia de Lugo á de Sevilla en abril de 1932.[1] En 1936 era capitán de Carabineiros de Noia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 opúxose ao golpe e organizou a evasión dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa dende Muros cara Bilbao. Combateu no exército republicano. Foi detido ao final da guerra. Xulgado na Coruña por rebelión militar, foi condenado a pena de morte, conmutada por cadea perpetua. Cumpriu condena na Prisión Habilitada de Cieza da que saíu en xuño de 1943 en liberdade condicional.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 28-4-1932, p. 5.
- ↑ BOE, 23-7-1943, p. 7114.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Francisco Marín Moya na páxina web Nomes e Voces.