Francisco Javier Fernández Tarrío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Javier Fernández Tarrío
Nome completoFrancisco Javier Fernández Tarrío
Nacemento16 de marzo de 1976
Lugar de nacementoPonferrada
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade da Coruña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Francisco Javier Fernández Tarrío, nado en Ponferrada o 16 de marzo de 1976, é un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou dereito na Universidade da Coruña. Formou parte da executiva da Coruña do PPdeG[1]. En setembro de 2012 incorporouse a Sociedad Civil y Democracia, encabezando a candidatura da provincia da Coruña ás eleccións ao Parlamento Galego. En novembro de 2012 resultou elixido coordinador territorial en Galicia de SCyD [2], abandonando a formación pouco despois, en febreiro, por mor dunha falta de democracia interna[3]. En 2014 ingresou en VOX, formación na que é secretario provincial da Coruña.

Notas[editar | editar a fonte]