Javier Cobián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Francisco Javier Cobián Salgado»)
Javier Cobián
Francisco Javier Cobián Salgado
Datos persoais
Nacemento7 de febreiro de 1944
 A Estrada
Falecemento28 de agosto de 2021
 Pontevedra
OrganizaciónPartido Popular
Profesiónxestor
editar datos en Wikidata ]

Francisco Javier Cobián Salgado, nado na Estrada o 7 de febreiro[1] de 1944 e finado en Pontevedra[2] o 28 de agosto de 2021[3], foi un xestor administrativo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trasladouse coa familia de neno a Pontevedra. Mentres o pai estaba enfermo[1] a nai fíxose cargo da empresa familiar, unha xestoría administrativa. Acabou os estudos preuniversitarios e de preparou oposicións. Aprobounas e comezou a traballar de técnico auxiliar de Facenda[1] en Vigo, pero ben logo se trasladou a Pontevedra. Posteriormente empezou a traballar na xestoría familiar en Pontevedra, canda seu irmán[4]. A xestoría estaba situada na glorieta de Compostela[5].

Membro do Partido Popular, presentouse como cabeza de lista dese partido ás eleccións municipais de 1987, logo de que o alcalde Rivas Fontán decidise ir como independente, pero quedou de terceira forza por detrás do propio Fontán, que revalidaría a alcaldía, e mais do PSOE. Porén, xa coa rebeldía de Rivas Fontán fóra de carreira, nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura popular e foi elixido alcalde de Pontevedra, mando que mantivo dende o ano 1991 ata o 1995 en representación do Partido Popular de Galicia.

Presidiu a comisión polo campus da Universidade de Vigo en Pontevedra. Durante o seu mandato o cuartel de San Fernando quedou transformado na facultade de Belas Artes. Logo dun enfrontamento con Manuel Fraga pola localización da Escola universitaria de Forestais, que finalmente foi para Lugo, deixou a política e non se presentou á reelección nas seguintes eleccións municipais. Tras deixar a alcaldía rexentou unha xestoría en Vigo, onde seguiu colaborando ata o seu falecemento.


Predecesor:
José Rivas Fontán
 
alcalde de Pontevedra
 
1991-1995
Sucesor:
Juan Luis Pedrosa

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Vigo con Teresa Mosquera Pérez e foi pai de Mónica, María e Cayetana Cobián Mosquera.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Varela, María (2019-02-03). ""Soy un pontevedrés que intentó hacer más cosas por su ciudad de las que le dejaron"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2021-08-30. 
  2. "Fallece a los 77 años el exalcalde de Pontevedra Pancho Cobián". Diario de Pontevedra (en castelán). 2021-08-28. Consultado o 2021-08-30. 
  3. "Falece Francisco Javier Cobián, alcalde de Pontevedra entre 1991 e 1995". Pontevedra Viva. 28 de agosto de 2021. 
  4. Davila, Nicolás (2021-08-29). "Fallece a los 77 años Javier Cobián Salgado, alcalde de 1991 a 1995 y artífice del campus". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-08-30. 
  5. Pontevedra, Diario de (2019-02-03). ""Soy un pontevedrés que intentó hacer más cosas por su ciudad de las que le dejaron"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2021-08-30.