Francisco García Paramés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco García Paramés
Francisco Garcia Paramés.jpg
Nacemento22 de decembro de 1963
 Galicia
NacionalidadeEspaña
Alma máterIESE Business School
Ocupacióneconomista
editar datos en Wikidata ]

Francisco García Paramés, nado na Coruña o 22 de decembro de 1963, é un investidor privado galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun enxeñeiro da Bazán, orixinario de Covas, marchou aos 3 anos vivir a Madrid. Licenciouse en Economía pola Universidade Complutense e obtivo un MBA, na IESE, o centro de formación en dirección de empresas da Universidade de Navarra. En 1989 incorporouse a Bestinver, unha sociedade de investimento española pertencente á multinacional Acciona, onde estivo traballando durante máis de dúas décadas e da que chegou a ser CEO. A súa estratexia de investimento é o investimento en valor e é seguidor da escola austríaca. En 2014 abandonou Bestinver e en 2016 lanzou a súa propia firma de investimento (Cobas AM).