Francisco Fernández de la Cigoña
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de maio de 1940 Vigo, España |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor |
| Familia | |
| Pai | Fabriciano Fernández Serra |
| Irmáns | Estanislao Fernández de la Cigoña |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fernández de la Cigoña.
Francisco José Fernández de la Cigoña Núñez, nado en Vigo o 7 de maio de 1940, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do xornalista Fabriciano Fernández Serra e neto do industrial Estanislao Núñez Barrios, asasinado en 1936, licenciouse en Dereito e Economía. Como xornalista, destaca polos seus artigos sobre a Igrexa Católica, nos que manifesta unha opinión conservadora. Escribe para medios de dereita, como La Gaceta ou Intereconomía.
Obra
[editar | editar a fonte]- Jovellanos, ideología y actitudes religiosas, políticas y económicas (1983).
- El liberalismo y la iglesia española: historia de una persecución (1989)
- Antonio Capmany: pensamiento, obra histórica, política y jurídica (1993)
- Os bispos de Tui no século XIX (2006)
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É irmán do naturalista Estanislao Fernández de la Cigoña. Ten tres irmáns máis, está casado e ten cinco fillos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. p. 198. ISBN 84-8064-113-4.