Francisco Fandiño Piñeiro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 Salceda de Caselas, España |
Morte | 9 de decembro de 1936 (29/30 anos) Tui, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Chuco |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Francisco Fandiño Piñeiro, coñecido como Chuco, nado en Salceda de Caselas en 1906 e finado en Tui o 9 de decembro de 1936, foi un labrego e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De San Xurxo de Salceda, militante do PSOE. Concelleiro de Salceda de Caselas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Tui, na explanada traseira do edificio do Instituto o 9 de decembro de 1936 con Brasilino Álvarez Sobrino, Juliano Díez Álvarez, Adelaido Barredo Sueiro, Camilo Carrero Lorenzo, Manuel Vicente Portela, Francisco Lloret Gándara, Antonio Rodríguez Rodríguez, Venancio Cibeira Rodríguez e Manuel Gómez Besada.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-12-1936, p. 9.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Francisco Fandiño Piñeiro na páxina web Nomes e Voces.