Brasilino Álvarez Sobrino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBrasilino Álvarez Sobrino
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1894 Editar o valor em Wikidata
A Guarda, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde da Guarda
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Brasilino Honorio Álvarez Sobrino, nado na Guarda o 27 de xullo de 1894 e finado en Tui o 9 de decembro de 1936, foi un político republicano galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marchou moi novo para Porto Rico, en San Xoán traballou como comerciante e afiliouse a unha loxa masónica co nome simbólico Curros Enríquez. Foi un dos fundadores da Agrupación Republicana da Guarda. Elixido concelleiro da Guarda en 1931. Foi militante de Izquierda Republicana e despois fundador e presidente do Partido Galeguista da Guarda. Foi elixido alcalde da Guarda o 15 de xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presidiu o Comité de Defensa da República. Acusado de rebelión militar, foi fusilado na alameda de Tui.[1]


Predecesor:
Manuel Noya Gil
 
Alcalde da Guarda
 
15/6/1936 - 27/7/1936
Sucesor:
Francisco Moreno Álvarez

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Unha rúa no seu concello natal da Guarda leva o seu nome.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]