Francisco Esmorís Recamán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Esmorís Recamán
2016. Francisco Esmorís Recamán. Fisterra. Galiza.jpg
Nacemento15 de outubro de 1893
 Corcubión
Falecemento24 de marzo de 1967
 Fisterra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico e escritor
editar datos en Wikidata ]

Francisco Esmorís Recamán, nado en Corcubión o 15 de outubro de 1893 e finado en Fisterra o 24 de marzo de 1967[1], foi un médico e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1921, e tamén fixo estudos de Maxisterio. Traballou como médico da mariña civil e a bordo dun vapor inglés, e desde 1924 foi médico en Fisterra, onde tamén daba clases.

Foi patrón maior da confraría de pescadores e membro correspondente da Real Academia Galega e do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Foi un gran estudoso da historia de Fisterra. Foi condecorado coa Medalla da Orde Civil de Sanidade por diversos estudos sobre o tifo.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Refranero Fisterrán
  • San Guillermo y su ermita

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alonso Estraviz, I. (2011). Santos Júnior e os intelectuais galegos. Ponte Caldelas: Fundaçom Meendinho. p. 766. ISBN 978-84-615-1687-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]