Francisco Cofán Eiriz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Cofán Eiriz
Biografía
Nacemento1901 Editar o valor em Wikidata
Oleiros, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Francisco Cofán Eiriz, nado en Oleiros (Carballedo) cara a 1901 e finado en Ourense o 7 de outubro de 1936, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comerciante veciño da Parada de Piñor (Barbadás). Esquerdista, cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou no único conato de resistencia ao golpe en Ourense, o corte das liñas telegráficas onde a gasolineira do Xardín do Posío, preto da Casa do Pobo, unha operación dirixida por Manuel Gómez del Valle e Fernando Cordón García. Logo agochouse no domicilio de Erundina Álvarez Pérez. Trasladado a casa de Erundina en Ferreiros, foi denunciado. A Garda Civil encontrouno, e foi detido. Estivo preso no cárcere de Ourense do 23 de setembro ao 5 de outubro, cando foi posto en liberdade. Dous días despois, o 7 de outubro, foi paseado na estrada de Reza. En xaneiro de 1937 o Xulgado Militar de Incautacións e Confiscacións decretou a incautación de todos os seus bens.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 13-1-1937.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gómez, Xosé Lois (2019). "Undina, a muller que fusilaron no Campo de Aragón". Lethes. Cadernos culturais do Limia (Centro Cultural Popular do Limia) (14): 129–139. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]