Saltar ao contido

Francisco Cacharro Gosende

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Cacharro Gosende
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid - dereito Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular (–2008)
Unión, Progreso y Democracia
Partido Libertario Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiFrancisco Cacharro Pardo Editar o valor en Wikidata

Francisco Cacharro Gosende, nado en Lugo en 1971, é un político galego que ten integrado diversos partidos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do mandatario do PPdeG Francisco Cacharro Pardo, Cacharro Gosende licenciouse en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid. Xa afiliado ao Partido Popular, aprobou unha oposición para ser funcionario do estado. En paralelo, aprobaba outra oposición, neste caso de técnico da Deputación de Ourense, en 1998, que foi posteriormente anulada logo dunhas reclamacións[1]. Cacharro Gosende accedeu, en virtude da súa cualificación como funcionario do estado, á praza de vicesecretario xeral da Deputación de Ourense en 2003, unha praza de nova creación. En 2004 accedeu á secretaría xeral logo da xubilación do anterior titular[2].

En 2008 abandonou o Partido Popular e afiliouse a UPyD, formación da que se converteu nun dos rostros visibles na provincia de Lugo. Meses despois abandonaría UPyD para ingresar no Partido de la Libertad Individual (P-Lib), do que foi elixido secretario xeral en 2010[3].

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Sonia Rielo en 1999.[4]