Saltar ao contido

Francisco Bellot Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Bellot Rodríguez
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1911 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xullo de 1983 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalDoutor en Ciencias Naturais
Doutor en Farmacia
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbotánico, farmacéutico, catedrático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Santiago de Compostela
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaBellot Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosFrancisco Bellot Rosado
Rosario Bellot Rosado Editar o valor en Wikidata

BNE: XX852099

Francisco Bellot Rodríguez, nado o 20 de xuño de 1911 en Madrid, e finado o 1 de xullo de 1983 en Santiago de Compostela, foi un botánico e catedrático de Universidade español.

Foi o introdutor da socioloxía vexetal en Galicia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Fillo dun farmacéutico, pasou a súa nenez na capital española e estudou o bacharelato no Instituto de San Isidro de Madrid. En 1931 comezou a carreira de Ciencias Naturais pero, por problemas económicos da familia, tivo que reorientar os seus estudos cara á de Farmacia, que cursou na Universidade Complutense e na que se licenciou en 1933. A súa temperá afección pola botánica, que cultivou inicialmente de mans do seu pai, orientouno cara á cátedra do profesor Cuatrecasas, quen o nomeou en 1934 profesor auxiliar da Facultade de Farmacia da UCM.

A Guerra Civil pasouna no bando republicano no Exército de Levante, no Hospital de Cañizar (Cuenca), en diferentes farmacias militares e, finalmente, no Parque de Medicamentos. Rematada a guerra foi recluído no campo de concentración da Praza de Touros de Valencia, de onde saíu grazas ao apoio de dúas influentes familias valencianas de tradición farmacéutica e botánica: os Salvador e os Gamir. Despois do correspondente expediente de depuración foi rehabilitado como auxiliar temporal da cátedra de Botánica descritiva na Facultade de Farmacia. En 1941 leu a tese de doutoramento e foi nomeado profesor adxunto e, posteriormente, en 1943, obtivo por oposición as cátedras de Botánica Descritiva das Facultades de Farmacia de Santiago e de Granada, elixindo a primeira delas.[1]

Nestes primeiros anos publicou traballos de taxonomía vexetal e flora, como os que realizou xunto con Salvador Rivas sobre a flora da provincia de Madrid. Tamén amosou xa o seu interese pola historia da botánica española, coas biografías de Gómez Ortega e Carles Pau.[1]

Catedrático en Santiago

[editar | editar a fonte]

Unha vez en Santiago, Catedrático en Santiago, os seus primeiros traballos foron os de consolidación do Xardín botánico da Facultade de Farmacia, do que foi nomeado director en 1945, así como o de rematar os estudos iniciados en Madrid. As súas primeiras publicacións sobre botánica galega, en 1945, foron Contribución a la flora gallega e Primeros resultados del análisis polínico de las turberas gallegas (coa colaboración de Ernesto Viéitez). Seguindo a liña clásica de estudos florísticos publicaría os traballos relativos a Mantissa stirpium gallaeciae (1950), "Anotaciones a la flora criptogámica gallega" (1951) e "Ophrys atrata Lindl. en Galicia" (1951), incluídos nos Trabajos del Jardín Botánico de Santiago, revista que viña de fundar Bellot ao abeiro da Universidade compostelá no ano 1950. Como compendio dos traballos que levaba realizando de actualización da flora galega publicou tamén, nos Anales del Jardín Botánico de Madrid, "Sinopsis de la vegetación de Galicia" (1950) e "Adiciones a la flora gallega" (1951).[1]

Os seus primeiros traballos foron os de consolidación do Xardín botánico da Facultade de Farmacia, do que foi nomeado director en 1945, así como o de rematar os estudos iniciados en Madrid. As súas primeiras publicacións sobre botánica galega, en 1945, foron "Contribución a la flora gallega" e "Primeros resultados del análisis polínico de las turberas gallegas" (coa colaboración de Ernesto Viéitez). Seguindo a liña clásica de estudos florísticos publicaría os traballos relativos a Mantissa stirpium gallaeciae (1950), "Anotaciones a la flora criptogámica gallega" (1951) e "Ophrys atrata Lindl. en Galicia" (1951), incluídos nos Trabajos del Jardín Botánico de Santiago, revista que acabara de fundar Bellot ao abeiro da Universidade compostelá no ano 1950. Como compendio dos traballos que levaba realizando de actualización da flora galega publicou tamén nos Anales del Jardín Botánico de Madrid "Sinopsis de la vegetación de Galicia" (1950) e "Adiciones a la flora gallega" (1951).[1]

Bellot tiña coñecementos sobre a socioloxía vexetal desde os comezos da súa formación botánica antes da guerra, pois seguira os cursos de xeobotánica de Caballero, como el mesmo sinala:

Nosotros, primeramente seguimos a Huget del Villar, influídos por Caballero
Bellot, 1976

pero, despois da guerra,

ya en la Universidad de Santiago, al leer a Braun-Blanquet en su obra Plant Sociology nos dimos cuenta de la ventaja de su método e convencimos a Rivas Goday para que en sus trabajos utilizase la técnica fitosociológica
Bellot, 1976.

Nesta conversión cara a fitosocioloxía da escola de Montpellier (SIGMATA) semella que tivo tamén un papel decisivo a visita que Braun-Blanquet realizou a Santiago no seu paso cara a Portugal (na primavera dos anos 1948 e 1949):

Nosotros en Galicia, después de conocer a Braun-Blanquet en su paso por Santiago, camino de Portugal, decidimos seguir su metodología en el estudio de Galicia
Bellot, 1976.

Segundo Izco (1981), Bellot, o mesmo que Rivas, tiveron unha primeira etapa, de 1941 a 1946, na que os coñecementos fitosociolóxicos os baseaban na sistemática do español Huguet del Villar, e foi a partir dese primeiro lustro cando cambiaron «definitivamente de rumbo hacia el método fitosociológico sigmatista». En calquera caso, o primeiro traballo publicado en Galicia de fitosocioloxía, coa nova sistemática de Braun-Blanquet, foi o realizado por Bellot sobre "Las comunidades de Pinus pinaster en el occidente de Galicia" (1949), que saíu nos Anales de Edafología y Fisiología Vegetal.[1]

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]
  • 1978. El tapiz vegetal de la Península Ibérica. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-156-X.

Algúns taxons descritos por Bellot

[editar | editar a fonte]
  • Erysimum lagascae
  • Orchis mascula subsp. laxifloriformis

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Bellot emprégase para recoñecer a Francisco Bellot Rodríguez como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]