Francisco Acal Eiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Acal Eiros
Estatua Francisco Acal Eiros, O Cádavo, Baleira, Lugo 17.JPG
Nacemento6 de xuño de 1932
 Baleira
Falecemento26 de maio de 2013
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Francisco Acal Eiros, nado en Abrairas, A Braña (Baleira) o 6 de xuño de 1932 e falecido en Lugo o 26 de maio de 2013[1], foi un político galego, alcalde de Baleira polo Partido Popular de Galicia (PPdeG) durante trinta e catro anos, dende 1977 ata 2013.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi presidente da Cámara Agraria local e foi designado alcalde de Baleira en 1977. Nas primeiras eleccións democráticas foi o candidato de UCD á alcaldía de Baleira, e foi elixido alcalde. Repetiu como alcalde nas municipais de 1983 por Coalición Galega, volveu ser elixido nas municipais de 1987 pola CPG e a partir de 1991 polo PPdeG nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta.

Aínda que anunciou que non tiña previsto repetir candidatura[2], finalmente volveuse presentar como candidato á alcaldía de Baleira polo PPdeG nas municipais de 2011[3] e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Faleceu en 2013, mentres ocupaba a alcaldía e foi relevado por Ángel Enrique Martínez-Puga López.

Acal foi tamén presidente da Asociación de Amigos da Marronda e cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago.[4][5]


Predecesor:
-
 Escudo de Baleira.svg
Alcalde de Baleira
 
1977 - 2013
Sucesor:
Ángel Enrique Martínez-Puga López

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]