Frances Haugen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Frances Haugen
Frances Haugen C-SPAN headshot.webp
Nacementoanos 1980
Lugar de nacementoIowa City
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterFranklin W. Olin College of Engineering e Harvard Business School
Ocupacióncientífico de datos, data engineer, product manager e delator
editar datos en Wikidata ]

Frances Haugen, nada en Iowa City, 1984, é unha xestora de produtos e activista estadounidense. En setembro de 2021, Haugen revelou milleiros de documentos internos de Facebook ("Facebook Files") á SEC (Securities and Exchange Commission; en galego, Comisión de Bolsa e Valores) dos Estados Unidos e ao Wall Street Journal.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Haugen naceu e criouse en Iowa City, Iowa, onde asistiu á Iowa City West High School.[2] O seu pai era médico e a súa nai converteuse en pastor episcopaliana despois dunha carreira académica.[3]

De 2002 a 2006, estudou enxeñaría informática e eléctrica na primeira clase do programa no Olin College en Needham, Massachussetts.[4][5] Despois, entre agosto de 2009 e maio de 2011, fixo un máster en administración de empresas (MBA) na Harvard Business School.[5]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

A partir de 2006, traballou en varias empresas de tecnoloxía como Google, Pinterest e Yelp especializándose en xestión algorítmica de produtos.[1]

Traballou para Facebook desde 2019 e revelou anonimamente os problemas inherentes ao uso de datos e os fallos no control de contido de Facebook a través de filtracións de documentos da empresa que se empregaron para publicar varios artigos. No The Wall Street Journal en setembro de 2021.[6]

A súa identidade fíxose pública tras a emisión dun documental na serie de 60 Minutes[7] na televisión CBS o 3 de outubro de 2021.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Iyengar, Rishi (5 de outubro de 2021). "Lo que sabemos sobre Frances Haugen, la denunciante de Facebook". cnnespanol.cnn.com (en castelán). Consultado o 6 de outubro de 2021. 
  2. Associated Press (4 de outubro de 2021). "Ex-Facebook manager Frances Haugen, an Iowa City native, alleges social network fed Capitol riot". thegazette.com (en inglés). Consultado o 6 de outubro de 2021. 
  3. Milmo, Dan (4 de outubro de 2021). "How losing a friend to misinformation drove Facebook whistleblower". theguardian.com (en inglés). Consultado o 6 de outubro de 2021. 
  4. Roback, Jennifer (4 de outubro de 2021). "Who is Frances Haugen? Meet the Facebook whistleblower". the-sun.com (en inglés). Consultado o 6 de outubro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 "Frances Haugen". crunchbase.com (en inglés). 5 de outubro de 2021. Consultado o 6 de outubro de 2021. 
  6. Morrow, Allison (16 de setembro de 2021). "Jaw-dropping moments in WSJ's bombshell Facebook investigation". CNN (en inglés). Consultado o 6 de outubro de 2021. 
  7. Fernández, Marcus. "Desvélase a identidade da filtradora dos informes internos de Facebook". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2021-10-05. 
  8. Duffy, Clare. "Facebook whistleblower revealed on '60 Minutes,' says the company prioritized profit over public good". CNN (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]