François Joseph Cantraine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrançois Joseph Cantraine
Biografía
Nacemento1801 Editar o valor em Wikidata
Ellezelles, provincia de Hainaut, Bélxica
Morte1863 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Gante, Bélxica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadebelga
EducaciónState University of Leuven (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónzoólogo
EmpregadorUniversidade de Gante Editar o valor em Wikidata

François Joseph Cantraine, nado o 1 de decembro de 1801 en Ellezelles, provincia de Hainaut, e finado o 22 de decembro de 1868 en Gante, foi un zoólogo belga especializado no estudo da bioloxía mariña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Nado o 1 de decembro de 1801 en Ellezelles, Hainaut (daquela no departamento de Jemmapes, da República francesa, e desde 1815 no Reino Unido dos Países Baixos), no seo dunha familia de agricultores. Comezou a súa instrución cun mestre privado na cidade de Ath (Hainaut), e continuou os seus estudos en Saint-Sauveur. En 1816 pasou ao Colexio comunal de Ath.[1] Aínda que o seu pai pensaba que se destinara á carreira eclesiástica, estudou só uns anos no seminario de Tournai. Recibiu unha bosa de estudos do goberno dos Países Baixos para entrar na Universidade de Lovaina onde estudou matemáticas, sen o apoio financeiro da súa familia.[2]

En Lovaina e Leiden[editar | editar a fonte]

En 1823 Anton-Reinhard Falck suxiriulle que se postulara para unha praza de preparador de Historia natural na Universidade. Foi a Leiden para coñecer as súas novas funcións e apasiónase pola zooloxía. O 17 de xaneiro de 1827 participou nunha gran viaxe de observacións e informacións sobre as aves para o goberno. Durante 6 anos percorrería Italia, Dalmacia e as illas circundantes, reunindo gran número de exemplares que entregou ao Museo de Historia Natural de Leiden.[1]

En Italia[editar | editar a fonte]

En 1827, como quedou dito, viaxou a Italia, para recolectar material zoolóxico para Temminck e o Museo de Historia Natural de Leiden. Permaneceu en Sicilia entre 1832 e 1833,[3] ano en que deixou Italia levando extensas coleccións de crustáceos e moluscos, pero tamén de aves e outros vertebrados.[4]

Durante a súa estancia en Italia (1827-1833) recolectou importante material carcinolóxico, especialmente do mar Adriático.[5]

De volta a Bélxica[editar | editar a fonte]

En 1833 acadou o grao de doutor en Ciencias en Lovaina e, en 1835 foi nomeado polo goberno belga para ocupar a cátedra de Zooloxía e Anatomía comparada na Universidade de Gante. Pierre-Joseph van Beneden, que ocupara o posto previamente foi nomeado para a Universidade de Lovaina.[2] En 1848 foi sucedido na cátedra de Anatomía comparada por Charles Poelman, dedicándose entón á cadeira de Xeoloxía, aumentando as coleccións da Universidade.

O 15 de decembro de 1835 foi nomeado membro correspondente da Real Academia das Ciencias e as Belas Letras de Bruxelas, sendo nomeado numerario da douta institución o 15 de decembro de 1836.[2] En 1843 presentouse en Ath como candidato á cámara de representantes.<regf name=DK/> A finais de 1845, o rei dos Países Baixos galardoono coa Grand-Croix de l'Ordre Grand-Ducal de la Couronne de Chêne para recompensar os seus antigos e leais servizos. En 1852, o rei Leopoldo II nomeono cabaleiro de dita orde.

En 1859 converteuse en profesor emérito. Foi membro de varias sociedades científicas e, entre outros cargos, foi o sucesor de F. P. Cassel (1784–1821) no Museo de Zooloxía da Universidade de Gante. O profesor Cantraine comprou parte da famosa colección de peixes de Risso en 1844. Lamentabelmente esta colección, así como outros exemplares, desapareceron durante a ocupación alemá na segunda guerra mundial.

Faleceu en Gante o 22 de decembro de 1863.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Publicou os seus traballos nos boletíns da Académie royale des Sciences et Belles-Lettres de Bruxelles, entre eles varias memorias sobre os moluscos viventes e fósiles e os peixes, entre os que cabe destacar:

Taxons descritos[editar | editar a fonte]

Cantraine foi o descritor de diversos taxa, entre eles:

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Cantraine emprégase para recoñecer a François Joseph Cantraine como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 De Konink, Laurent, "Notice sur la vie et les travaux de François-Joseph Cantraine", en Annuaire de l’Académie royale de Belgique, t. 35, Bruxelles, 1869, pp. 101-120.
  2. 2,0 2,1 2,2 Kickx, Jean, "François-Joseph Cantraine, Paroles prononcées sur sa tombe", no Annuaire de l’Académie royale de Belgique, t. 32, Bruxelles, 1864, pp. 154-156.
  3. Fransen, C. H. J. M.; L. B. Holtius & J. P. H. M. Adema (1997): "Type-catalogue of the Decapode Crustacea in the collections of the National Natuurhistorischa Museum, with appendices of the pre-1900 collectors and material" Zool. Verth. Leiden 311: 1-344.
  4. C. Quaisser & R. W. R. J. Dekker (2008): "Taxonomic identity and lectotype designation of Falco reinwardtii Schlegel & Müller, 1841; Buteo capensis Temminck & Schlegel, 1844; Ptilopus humeralis iobiensis Schlegel, 1873 and Hirundo rufula Temminck, 1835" Zoologische Mededelingen, 82.
  5. Truestadel, Frank (1993): History of Carcinology. Rotterdam, Netherlands: A. A. Balkema Publishers. ISBN 90-5410-1377.
  6. Pleurobranchus testudinarius Cantraine, 1835 no WoRMS.
  7. Pleurobranchus testudinarius en GBIF Backbone Taxonomy.
  8. 8,0 8,1 Cantraine F. J. (1835): "Diagnoses ou descriptions succinctes de quelques espèces nouvelles de mollusques". Bulletin de l'Académie Royale des Sciences et Belles-lettres de Bruxelles 2 (11): 380-411.
  9. Felimare tricolor (Cantraine, 1835) no WoRMS.
  10. Kaloplokamus ramoasus Arquivado 04 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en OPK-Opistobranquis.
  11. Argonautoidea Cantraine, 1841 no WoRMS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]