Fracción xeográfica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Unha fracción xeográfica (en italiano: frazione geografica) é unha subdivisión municipal de Italia, correspondente a entidade local menor en galego, que designa un conxunto de casas ou unha pequena localidade, que constitúe dentro dun municipio un núcleo de casas relativamente illado da súa sede.

As grandes cidades non adoitan dividirse en fraccións senón en circunscricións (en italiano: circoscrizioni). Tamén existen designacións específicas que cambian segundo a rexión, podendo unha frazione chamarse, segundo a rexión, borgata, rione, contrada, etc.

A partir do 19 de xaneiro de 2001 as 19 circunscricións de Roma denomínanse municipi, cada un cun presidente de elección directa e unha xunta asesora.

Países que empregan este termo[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]