Saltar ao contido

Fraataces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFraataces

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo I a. C. Editar o valor en Wikidata
Morte4 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía arsácida de Partia Editar o valor en Wikidata
PaisFraates IV da Pártia Editar o valor en Wikidata  e Musa de Partia Editar o valor en Wikidata
IrmánsVonones I Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Fraates V, máis coñecido polo seu diminutivo Fraataces, foi o rei do Imperio parto entre os anos 2 a C. 4.[1] Era o fillo pequeno de Fraates IV. Nalgunhas moedas represéntase asociado á súa nai Musa. Subiu ao trono tras esta envelenar a Fraates IV.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Baixo o seu reinado tratou de romper a supremacía de Roma sobre Armenia e Media, pero cando Augusto enviou ao seu fillo adoptivo Caio César con orde de invadir Partia, Fraataces prefiriu concluír un tratado no ano 1, polo cal recoñecía, de novo, a Armenia como parte da esfera romana.

Pouco despois, sobre o ano 4, Fraataces e súa nai foron asasinados. Segundo Flavio Xosefo, Fraataces casara con súa nai, o que fora considerado inaceptable polos partos, que se rebelaron e o derrocaron, pasando logo a coroa a Orodes III.[2]

  1. The Editors of Encyclopaedia Britannica (1 de xaneiro de 2023). "Phraates V". britannica.com (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2023. 
  2. Flavio Xosefo. Antigüidades xudías: XVIII, 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Fraates IV
Rei do Imperio Parto
2 a.C. - 4 d.C.
Sucesor:
Orodes III