Musa de Partia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 46 a. C. Italia, Roma Antiga |
Morte | século I Imperio Romano |
Raíña consorte Partos | |
20 a. C. – 2 a. C. | |
Rei de Reis | |
2 a. C. – 4 | |
Actividade | |
Ocupación | política, raíña |
Outro | |
Título | Raíña consorte |
Cónxuxe | Fraates IV da Pártia |
Fillos | Fraataces |
Musa, coñecida tamén como Termusa, foi raíña do Imperio parto desde o ano 2 a. C. até o 2 d. C.. Sendo orixinalmente raíña consorte do monarca Fraates IV (r. 37 a. C. – 2 a. C.), a quen matou para logo rexer o Imperio canda o seu fillo, Fraates V. É a primeira das tres únicas mulleres que asumiron o goberno na historia de Irán, as outras dúas son as irmás sasánidas Boran (r. 630–630, 631–632) e Azarmedukht (r. 630–631).
Biografía
[editar | editar a fonte]Musa era unha concubina romana que fora entregada ao rei parto Fraates IV polo emperador Augusto (r. 27 a. C. – 14 a. C.) despois dun tratado no ano 20 a. C., en virtude do cal os partos recoñecían a hexemonía romana sobre Armenia, e estes pola súa banda aceptaban a designación do Éufrates como fronteira.[1] Desposada co soberano arsácida, a romana converteuse rapidamente na súa raíña e esposa favorita e deu a luz un varón, Fraataces.[2] Influído aparentemente por Musa, Fraates IV enviou ao seus catro primoxénitos a Roma para evitar conflitos pola súa sucesión,[3] e no ano 2 a. C., foi envelenado por ela. Musa ascendeu entón ao trono do Imperio canda seu fillo non lexitimado, quen subiu ao trono como Fraates V.[4]
Con todo, despois dun curto período de goberno, ambos foron derrocados e executados pola nobreza, quen coroou a un certo Orodes III dous anos despois.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kia 2016, p. 199;Schippmann 1986, p. 525–536
- ↑ Kia 2016, p. 198;Schippmann 1986, p. 525–536
- ↑ Kia 2016, p. 198;Dąbrowa 2011, p. 173;Schippmann 1986, p. 525–536
- ↑ Kia 2016, p. 199;Richardson 2012, p. 161
- ↑ Kia 2016, p. 199;Dąbrowa 2011, p. 174
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dąbrowa, Edward (2011). "The Arsacid Empire". The Oxford Handbook of Iranian History (en inglés). Oxford University Press. pp. 1–432. ISBN 0-19-987575-8.
- Kia, Mehrdad (2016). The Persian Empire: A Historical Encyclopedia [2 volumes] (en inglés). Santa Bárbara: ABC-CLIO. ISBN 978-1-61069-391-2.
- Marciak, Michał (2017). Sophene, Gordyene, and Adiabene: Three Regna Minora of Northern Mesopotamia Between East and West (en inglés). Leiden; Boston: Brill Publishers. ISBN 978-90-04-35072-4.
- Richardson, John S. (2012). Augustan Rome 44 BC to AD 14: The Restoration of the Republic and the Establishment of the Empire (en inglés). Edinburgh University Press. ISBN 978-0-7486-1954-2.
- Schippmann, K. (1986). "Arsacids ii. The Arsacid dynasty". Encyclopædia Iranica, Vol. II, Fasc. 5. Nova York: Universidade de Columbia. pp. 525–536.
- Schmitt, Rüdiger (2005). "Personal Names, Iranian iv. Parthian Period". Encyclopædia Iranica. Nova York: Universidade de Columbia.