Saltar ao contido

Monumento das catro esquinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Four Corners Monument»)
Four Corners Monument.

O monumento das catro esquinas, en inglés Four Corners Monument, é un pequeno monumento do sueste dos Estados Unidos, localizado en terras indias dos navajos e utes que marca a localización xeográfica do punto de unión cuádrupla dos estados de Arizona, Colorado, Novo México e Utah.

Características

[editar | editar a fonte]

Está situado na meseta de Colorado, ao oeste da ruta 160. O punto foi designado orixinalmente polo Congreso dos Estados Unidos, pero un erro provocado por unha primeira mala medición emprazouno xeograficamente nunha posición incorrecta. O Tribunal Supremo dos Estados Unidos determinou máis adiante que esa localización chegara a ser tan recoñecida que debía ser considerada oficialmente como o límite real entre o catro estados.

Non só é o punto de intersección perpendicular do catro esquinas, senón que ademais é o único punto cuádruplo nos Estados Unidos entre estados, e por iso á rexión recibe o nome de rexión das Catro Esquinas (Four Corners). O punto localízase nunha reserva india dos ute en Colorado. O lugar é controlado por Navajo Nation Parks e o departamento de Reconstrución e é unha popular atracción turística, a pesar do remoto da súa posición. Para ver e tomar unha fotografía no monumento débese pagar por persoa unha tarifa de 3$, para manter os permisos que o monumento leva.

Ao redor do monumento, os artesáns locais navajos e utes venden recordos e alimentos. A posición do punto foi descuberta inicialmente en 1868 e foi sinalada cun pedestal de pedra arenisca. Posteriormente, en 1912, colocouse o primeiro marcador permanente, que foi substituído en 1992 por un pedestal de granito no que encaixa un disco de bronce circular ao redor do punto, que está rodeado polos escudos e bandeiras dos estados que lindan alí.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]