Fosforilase
Fosforilase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Homodímero da glicóxeno fosforilase | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Número EC | 2.4.1.1 | ||||||||
Número CAS | 9035-74-9 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
|
En bioquímica, as fosforilases son encimas que catalizan a adición dun grupo fosfato desde un fosfato inorgánico (fosfato + hidróxeno) a un aceptor.
- A-B + P ⇌ A + P-B
Entre eles están encimas alostéricos que catalizan a produción de glicosa 1-fosfato a partir dun glucano como o glicóxeno, amidón ou maltodextrina.
Fosforilase é tamén un nome abreviado que se lle dá ás veces á glicóxeno fosforilase, que foi a primeira fosforilase descuberta, grazas aos traballos de Earl W. Sutherland Jr. a finais da década de 1930. Porén, actualmente coñécense outras fosforilases.[1]
Función
[editar | editar a fonte]As fosforilases non deberían confundirse coas fosfatases nin coas quinases. En temos xerais, as fosorilases son encimas que catalizan a adición dun grupo fosfato dun fosfato inorgánico (fosfato + hidróxeno) a un aceptor, mentres que as fosfatases (unhas hidrolases) quitan grupos fosfato de moléculas doantes usando auga por medio dunha reacción de hidrólise, e as quinases (unhas fosfotransferases) transfiren un grupo fosfato desde un doante (xeralmente ATP) a un aceptor.
Nome do encima | Clase do encima | Reacción | Notas |
---|---|---|---|
Fosforilase | Transferase (EC 2.4 e EC 2.7.7) |
A-B + H-OP ⇌ A-OP + H-B | grupo de transferencia = A = grupo glicosilo ou grupo nucleotidilo |
Fosfatase | Hidrolase (EC 3) |
P-B + H-OH ⇌ P-OH + H-B | |
Quinase | Transferase (EC 2.7.1-2.7.4) |
P-B + H-A ⇌ P-A + H-B | grupo de transferencia = P |
P = grupo fosfonato, OP = grupo fosfato, H-OP ou P-OH = fosfato inorgánico |
Tipos
[editar | editar a fonte]As fosforilases divídense nas seguintes categorías:
- Glicosiltransferases (EC 2.4)
- Encimas que degradan glucanos quitando un residuo de glicosa (rompen enlaces O-glicosídico)
- Encimas que degradan nucleósidos nas bases e azucres que os constitúen (rompen enlaces N-glicosídicos)
- Nucleósido púrico fosforilase (PNPase)
- Nucleotidiltransferases (EC 2.7.7)
- Encimas que teñen actividade fosforolítica de exorribonuclease 3' a 5' (rompen enlaces fosfodiéster)
- RNase PH
- Polinucleótido fosforilase (PNPase)
- Encimas que teñen actividade fosforolítica de exorribonuclease 3' a 5' (rompen enlaces fosfodiéster)
Todas as fosforilases ata agora coñecidas comparten propiedades cataliticas e estruturais.[2]
Activación
[editar | editar a fonte]A fosforilase a é a forma R máis activa da glicóxeno fosforilase, que deriva da fosforilación da forma R menos activa, a fosforilase b con AMP asociado. A forma T inactiva pode ser fosforilada por unha fosforilase quinase e inhibida pola glicosa, ou pode ser desfosforilada por unha fosfoproteína fosfatase e inhibida polo ATP e/ou a glicosa 6-fosfato. Para a fosforilación cómpre ATP, pero a desfosforilación libera ións fosfato inorgánicos libres.
Patoloxía
[editar | editar a fonte]Algúns trastornos están relacionados coas fosforilases, como:
- Enfermidade de almacenamento do glicóxeno de tipo V - glicóxeno muscular
- Enfermidade de almacenamento do glicóxeno de tipo VI - glicóxeno hepático.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nelson DL, Lehninger AL, Cox MM (2005). Lehninger Principles of Biochemistry (5ª ed.). W. H. Freeman. p. 603. ISBN 978-0-7167-4339-2.
- ↑ "PROSITE documentation PDOC00095 [for PROSITE entry PS00102]". PROSITE.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Muscle phosphorylase deficiency - McArdle's Disease Website
- Phosphorylases Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |