Exorribonuclease

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diagramas das reaccións de degradación do ARN das 3'-5' exorribonucleases fosforolíticas (dereita) e hidrolíticas (esquerda).

Unha exorribonuclease é un encima ribonuclease con actividade exonuclease, que degrada o ARN eliminando os nucleótidos terminais do extremo 5' ou ben do 3' dunha molécula de ARN. Os encimas que eliminan nucleótidos do extremo 5' denomínanse 5'-3' exorribonucleases, e os que os eliminan do extremo 3' chámanse 3'-5' exorribonucleases.[1]

As exorribonuleases poden usar para clivar o enlace fosfodiéster entre os nucleótidos unha molécula de auga (o que se denomina actividade hidrolítica) ou un fosfato inorgánico (o que se denomina actividade fosforolítica). As exorribonucleases hidrolíticas clasifícanse co número EC 3.1 e as fosforolíticas co 2.7.7. Como os encimas fosforolíticos usan fosfato inorgánico para romper os enlaces fosfodiéster, liberan nucleósidos disfosfato), mentres que os encimas hidrolíticos (que usan auga) liberan nucleótidos (é dicir, nucleósidos monofosfato).

As exorribonucleases están distribuídas en todos os reinos de seres vivos: bacterias, arqueas, e eucariotas. As exorribonucleases están implicadas na degradación de moitos tipos de ARN, como o ARN mensaxeiro, ARN transferente, ARN ribosómico e microARN. As exorribonucleases poden ser proteínas simples, como a RNase D ou a RNase PH, pero tamén poden ser complexos formados por moitas proteínas, como o exosoma, no cal están representadas catro das principais familias de exorribonucleases.

Principais familias[editar | editar a fonte]

Familia Exemplos Distribución Actividade catalítica
RNR RNase R A maioría das bacterias, todos os eucariotas hidrolítica 3'-5'
RNase II
Rrp44
DEDD RNase D Certas bacterias, todos os eucariotas hidrolítica 3'-5'
RNase T
PM/Scl-100
Oligorribonuclease
RBN RNase BN Certas bacterias hidrolítica 3'-5'
PDX PNPase Todos os reinos fosforolítica 3'-5'
PM/Scl-75
RNase PH
RRP4 Rrp4 Todos os eucariotas, a maioría das arqueas hidrolítica 3'-5'
5PX Exorribonuclease I Todos os eucariotas hidrolítica 5'-3'
Exorribonuclease II

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]