Fosfoproteína

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha fosfoproteína é unha proteína que contén un grupo fosfato unido, que se engade por modificación postraducional. Pode levar unido un só grupo fosfato simple ou unha molécula complexa como o 5'-fosfo-ADN, enlazada polo fosfato. O aminoácido ao que está unido o fosfato adoita ser un residuo de serina, treonina ou tirosina (principalmente en eucariotas), ou de ácido aspártico ou histidina (principalmente en procariotas).[1] Un exemplo de fosfoproteína é a caseína do leite.

A base de datos UniProt contiña máis de 90 000 entradas sobre fosfoproteínas en 2010. En 2013, a base de datos PhosphoSitePlus rexistrou arredor de 206 000 sitios de fosforilación en case 20 000 fosfoproteínas. Arredor dun terzo do proteoma dos mamíferos son fosfoproteínas.[1]

A fosforilación de proteínas é un importante mecanismo regulatorio nas células.[2][3] A fosforilación realízana proteína quinases e a desfosforilación, fosfatases.

As fosfoproteínas propuxéronse como biomarcadores para o cancro de mama.[4][2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.