Fosfolipase A1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Phospholipase A1.jpg
Estrutura cristalográfica da fosfolipase A1. A rexión vermella indica hélices alfa, a verde bucles, e a amarela indica follas beta.
Identificadores
Número EC 3.1.1.32
Número CAS 9043-29-2
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBsum
Gene Ontology AmiGO / EGO
fosfolipase A1 membro A
Identificadores
Símbolo PLA1A
Entrez 51365
HUGO 17661
OMIM 607460
RefSeq NM_015900
UniProt Q53H76
Outros datos
Número EC 3.1.1.32
Locus Cr. 3 q13.13-13.2

A fosfolipase A1 (PLA1) é un encima fosfolipase que separa por hidrólise o ácido graxo en posición sn-1 dun fosfolípido, formando un ácido graxo libre e un lisofosfolípido.[1][2] Existen outras catro clases de fosfolipases, que se diferencia pola posición do substrato afectada pola reacción de clivaxe que catalizan.[3][4]

A fosfolipase A1 (PLA1) cliva os fosfolípidos na posición SN1 formando un lisofosfolípido e un ácido graxo.

Función[editar | editar a fonte]

Entre as funcións das PLA1 están a regulación e facilitación da produción de mediadores lisofosfolipídicos, e actuar como encimas dixestivos. Estes encimas son responsables da rápida taxa de recambio dos fosfolípidos.[5] Ademais, os produtos da reacción catalizada pola PLA1 (ácidos graxos e lisofosfolípidos) son importantes en varias funcións biolóxicas como a agregación plaquetaria e a contracción do músculo liso.[6]

Distribución nos tecidos e especies[editar | editar a fonte]

Hai diversas variedades de PLA1, que difiren lixeiramente segundo a especie de que se trate. Nos mamíferos pode atoparse en células do fígado de ratas e cerebros bovinos, por exemplo, e tamén en humanos, invertebrados, protozoos parasitos e no veleno de serpe. Recentemente tamén nalgunhas plantas, fungos e bacterias.[7][8]

Especificidade de substrato[editar | editar a fonte]

A PLA1 hidroliza preferentemente substatos non ionizados sobre os ionizados. As condicións de pH óptimas para a actividde da PLA1 sobre fosfolípidos neutros é de arredor de 7,5, mentes que as condiciós óptimas para actuar sobre fosfolipidos ácidos son de arredor de 4.[9] A fosfolipase A1 membro A humana hidroliza o enlace éster en posición sn-1 de glicerofosfolípidos (e produce 2-acil lisofosfolípidos), fosfatidilserina en forma de liposomas e 1-acil-2 lisofosfatidilserina, pero non trioleína, fosfatidilcolina, fosfatidiletanolamina, ácido fosfatídico ou fosfatidilinositol.[10]

Estrutura[editar | editar a fonte]

En estrutura a PLA1 é un monómero que contén a seguinte secuencia no centro activo: Gly-X-Ser-X-Gly (por exemplo nalgunha das formas humanas do encima), onde X representa calquera outro aminoácido. As PLA1 noutras especies tamén poden conter a secuencia Ser-X-Ser-X-Gly (por exemplo a bovina).[11] A serina considérase o aminoácido catalítico do centro activo,[12] mais tamén poden ter unha tríade catalítica Ser-Asp-His, segundo a especie ou a variedade do encima. Por exemplo a variedade citosólica humana ten serina catalítica, pero as variedades segregadas e unidas a membranas teñen a tríade. O encima necesita diversos residuos de cisteína para formar pontes disulfuro. Os residuos de cisteína son responsables de orixinar os motivos estruturais fundamentais do encima, como o dominio tapa e o dominio beta9, que son ambos bucles de superficie para a unión a lípidos, que cobren o centro activo na súa conformación pechada. En bacterias teñen un sódominio. Estes dous bucles eucarióticos poden variar entre distintas PLA1. Por exemplo, un encima PLA1 cun dominio tapa longo (de 22 a 23 aminoácidos) e un dominio beta9 longo (de 18 a 19 aminoácidos) constitúe unha PLA1 extracelular que mostra actividade de triacilglicerol hidrolase.[13] En cambio, outras PLA1 teñen uns dominios tapa e beta9 curtos de 7 a 12 e de 12 a 13 aminoácidos, respectivamente. As PLA1 poden ser máis selectivas e afectar á fosfatidilserina ou ao ácido fosfatídico especificamente, por exemplo. Os pesos moleculares van de 11 a 35 kDa segundo o encima. Poden estar localizadas no citosol, ser segregadas, estar asociadas a membranas, no retículo endoplasmático ou en cloroplastos.[11]

Uso industrial[editar | editar a fonte]

A diferenza doutras fosfolipases como PLA2, descoñécese moito sobre as PLA1 debido á que non hai un modo eficiente de purificalas, clonalas, expresalas, e caracterizalas. Poucas foron secuenciadas.[13] A PLA1 non está dispoñible comercialmente por dita causa. Os lisofosfolípidos poden utilizarse como surfactantes en técnicas alimentarias e cosméticos, e poden utilizarse para a entrega de drogas.[14] Estanse facendo investigacións para determinar os medios adecuados para a produción de PLA1. Nun estudo viuse que a PLA1 pode ser producida en Saccharomyces cerevisiae e Aspergillus oryzae. Nestes cultivos produtores de PLA1 o incremento das fontes de carbono e nitróxeno aumentaban a produción de PLA1.[7]

Descubrimento[editar | editar a fonte]

Ao inico da década de 1900, observouse a acumuación de ácidos graxos libres despois da incubación de zume pancreático con fosfatidilcolina. Un dos primeiros casos de observación da actividade da PLA1 tivo lugar en 1903 cando se viu que o veleno de serpe alteraba a fosfatidilcolina converténdoa en lisofosfatidilcolina, que é unha fosfatidilcolina sen un dos seus ácidos graxos. Na década de 1960 descubriuse que a clivaxe dos lípidos polas fosfolipases podía facerse de diferentes maneiras segundo o encima que interviñera, o PLA1 cliva na posición sn-1 e o PLA2 na sn-2.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Phospholipase A1 Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
  2. DeSilva NS, Quinn PA (1999). "Characterization of phospholipase A1, A2, C activity in Ureaplasma urealyticum membranes". Mol. Cell. Biochem. 201 (1-2): 159–67. PMID 10630635. doi:10.1023/A:1007082507407. 
  3. Richmond GS, Smith TK (2011). "Phospholipases A1". International Journal of Molecular Sciences 12 (1): 588–612. PMID 21340002. doi:10.3390/ijms12010588. 
  4. Scandella CJ, Kornberg A (November 1971). "A membrane-bound phospholipase A1 purified from Escherichia coli". Biochemistry 10 (24): 4447–56. PMID 4946924. doi:10.1021/bi00800a015. 
  5. Franson R, Waite M, LaVia M (May 1971). "Identification of phospholipase A 1 and A 2 in the soluble fraction of rat liver lysosomes". Biochemistry 10 (10): 1942–6. PMID 4397924. doi:10.1021/bi00786a031. 
  6. Inoue K, Arai H, Aoki J (2004). "Phospholipase A1 Structures, Physiological and Patho-physiological Roles in Mammals". En Müller G, Petry S. Lipases and phospholipases in drug development : from biochemistry to molecular pharmacology. Weinheim: Wiley-VCH. p. 23. ISBN 9783527306770. doi:10.1002/3527601910.ch2. 
  7. 7,0 7,1 Shiba Y, Ono C, Fukui F, Watanabe I, Serizawa N, Gomi K, Yoshikawa H (Jan 2001). "High-level secretory production of phospholipase A1 by Saccharomyces cerevisiae and Aspergillus oryzae.". Biosci Biotechnol Biochem 65 (1): 94–101. PMID 11272851. doi:10.1271/bbb.65.94. 
  8. Imae R, Inoue T, Kimura M, Kanamori T, Tomioka NH, Kage-Nakadai E, Mitani S, Arai H (Sep 2010). "Intracellular phospholipase A1 and acyltransferase, which are involved in Caenorhabditis elegans stem cell divisions, determine the sn-1 fatty acyl chain of phosphatidylinositol.". Mol Biol Cell 21 (18): 3114–24. PMC 2938378. PMID 20668164. doi:10.1091/mbc.E10-03-0195. 
  9. Mebarek S, Abousalham A, Magne D, Do le D, Bandorowicz-Pikula J, Pikula S, Buchet R (2013). "Phospholipases of Mineralization Competent Cells and Matrix Vesicles: Roles in Physiological and Pathological Mineralizations". International Journal of Molecular Sciences 14 (3): 5036–129. PMID 23455471. doi:10.3390/ijms14035036. 
  10. Q53H76
  11. 11,0 11,1 11,2 Gregory S. Richmond, Terry K. Smith. Phospholipases A1. (Review). Int. J. Mol. Sci. 2011, 12, 588-612; doi:10.3390/ijms12010588
  12. Aoki J, Inoue A, Makide K, Saiki N, Arai H (2007). "Structure and function of extracellular phospholipase A1 belonging to the pancreatic lipase gene family". Biochimie 89 (2): 197–204. PMID 17101204. doi:10.1016/j.biochi.2006.09.021. 
  13. 13,0 13,1 Aoki J, Nagai Y, Hosono H, Inoue K, Arai H (May 2002). "Structure and function of phosphatidylserine-specific phospholipase A1". Biochim Biophys Acta 1582 (1-3): 26–32. PMID 12069807. doi:10.1016/s1388-1981(02)00134-8. 
  14. Pichon R (Jun 1975). "[Recent acquisitions on the treatment of perinatal infections].". Maroc Med 55 (591): 280–5. PMID 1177510. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]