Fonte dos Catro Ríos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°53′56″N 12°28′23″L / 41.898953, 12.473075

Fonte dos Catro Ríos

A Fonte dos Catro Ríos é unha fonte de Roma obra de Bernini en 1651, realizouna por encargo do papa Inocencio X, está situada na praza Navona.

A fonte componse dun obelisco exipcio de época romana sobre un pedestal escultórico no cal as estatuas, verdadeiros actores en acción nun escenario, son alegorías dos catro ríos principais da Terra (Nilo, Ganxes, Danubio, Río de la Plata).

Detalle (O Ganxes)