Folívoro (herbívoro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O okapi (Okapia johnstoni) é un exemplo de animal que se alimenta de follas.

En zooloxía, un folívoro ou filófago é un animal que se alimenta fundamentalmente de follas.[1]

As follas maduras conteñen unha elevada proporción de celulosa, difícil de dixerir, cun contido enerxético relativamente alto e a miúdo con compostos tóxicos. Por iso, os animais folívoros tenden a teren aparellos dixestivos longos e un metabolismo lento. Moitos necesitan a axuda de bacterias simbióticas para absorberen os nutrientes da súa dieta. Tal como se comprobou en primates folívoros, os animais poden mostrar unha preferencia maior cara ás follas inmaturas, que tenden a ter un contido máis alto en proteínas e máis baixo en fibra e velenos que as follas máis maduras.[2]

Evolución[editar | editar a fonte]

A alimentación herbívora evolucionou en diferentes ocasións nos diferentes grupos de animais. Os primeiros vertebrados eran piscívoros, despois insectívoros, carnívoros e, finalmente herbívoros. Dado que foi necesario un complexo conxunto de adaptacións para que se puideran alimentar da altamente fibrosa materia vexetal (modificacións estruturais nos dentes, mandíbulas e aparello dixestivo) e só unha pequena proporción de tetrápodos actuais son herbívoros obrigados, podería ser que os primeiros tetrápodos que fixeron a transición cara este tipo de alimentación herbívora, fora a través dunha dieta omnívora.[3]

Animais voadores[editar | editar a fonte]

Hoatzín (Opisthocomus hoazin).

Observouse que a alimentación a base de follas é extremadamente rara entre os animais voadores. Morton (1978) atribuíuno ao feito de que as follas son de dixestión lenta e pesada, e conteñen pouca enerxía en relación con outros alimentos.[4]

O hoatzín (Opisthocomus hoazin) é un dos poucos exemplos dunha ave voadora folívora.

Algúns morcegos son parcialmente folívoros; o seu método de extraer o alimento das follas, segundo Lowry (1989), é mastigalas, tragar o zume e cuspir o resto.[5]

Folívoros arborícolas[editar | editar a fonte]

Os folívoros arborícolas, como os preguiceiros e algunhas especies de primates e lémures, tenden a seren grandes e a encaramarse con cautela. As semellanzas na forma do corpo e a cabeza e na estrutura dentaria entre hominoides temperáns e varias familias de folívoros arbóreos propuxéronse como probas de que os hominoides temperáns tamén eran folívoros.[6]

Primates[editar | editar a fonte]

A teoría ecolóxica convencional predí tamaños de grupo relativamente grandes para os primates folívoros, dado que os grupos grandes ofrecen unha mellor defensa colectiva contra depredadores e entre os membros destes grupos non existe unha gran competencia pola obtención de comida; porén observouse que estes animais viven con frecuencia en pequenos grupos. As explicacións ofrecidas para este aparente paradoxo inclúen factores sociais, como o incremento na frecuencia do infanticidio en grupos grandes.[7]

Os primates folívoros son relativamente raros no Novo Mundo, e a principal excepción son os monos ouveadores. Unha posíbel explicación é que o brote das follas e a fructificación se dan simultaneamente entre as plantas americanas. Porén, un estudo realizado en 2001 non encontrou probas do brote das follas e a fructificación simultánea na maior parte das zonas estudadas, refutando aparentemente esta hipótese.[8]

Exemplos[editar | editar a fonte]

Entre os animais fundamentalmente folívoros encóntranse:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. VV. AA. (2004): Diccionario de ciencias de la tierra. Diccionarios Oxford-Complutense. Madrid: Editorial Complutense, S. A. ISBN 84-89784-77-9, p. 348.
  2. Jones, S., Martin, R. e Pilbeam, D. (1992): The Cambridge Encyclopedia of Human Evolution. Cambridge, United Kingdom: Cambridge University Press. ISBN 0-521-32370-3.
  3. Sahney, S., Benton, M. J. e Falcon-Lang, H. J. (2010): "Rainforest collapse triggered Pennsylvanian tetrapod diversification in Euramerica". (Resumo) Geology 38: 1079–1082.
  4. Dudley, R. & G. J. Vermeij (1992): "Do the Power Requirements of Flapping Flight Constrain Folivory in Flying Animals?" Ecology 6 (1): 101-104.
  5. T. H. Kunz & K. A. Ingalls (1994): "Folivory in Bats: An Adaptation Derived from Frugivory" Functional Ecology 8 (5): 665-668.
  6. E. E. Sarmiento (1994): "Cautious climbing and folivory: a model of hominoid differentation" Human Evolution 10 (4).
  7. R. Steenbeek & Carel P. van Schaik (2001): "Competition and group size in Thomas's langurs (Presbytis thomasi): the folivore paradox revisited" Behavioral Ecology and Sociobiology 49 (2-3).
  8. Heymann, E. W. (2001): "Can phenology explain the scarcity of folivory in New World primates?". (Resumo). American Journal of Primatology 55 (3): 171-175.