Focílides de Mileto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 560 a. C. Mileto, Turquía |
Morte | século VI a. C. |
Actividade | |
Ocupación | poeta, epigramatista, poeta elexíaco |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Período de actividade | século VII a. C. - século VI a. C. |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
Focílides o Milesio (Φωκυλίδης ὁ Μιλήσιος, nado ca. 560 a.C., foi un poeta gnomónico grego de Mileto, contemporáneo de Teognis de Megara.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Focílides viviu na segunda metade do século VI a.C. na cidade de Gravunka. Escribiu máximas, literatura sentenciosa ou gnómica en grupos de dous ou tres hexámetros e algunha vez en dístico elexíaco. A súa poesía aproxímase pois ao epigrama, pero tamén á elexía; imita claramente a Semónides de Amorgos nos seus prexuízos misóxinos, pero segue tamén a Hesíodo. Estima que a palabra e o consello son superiores á nobreza e aspira á riqueza do campo e a unha cidade ordenada aínda que sexa pequena. Pertence, pois, á burguesía que xurdía nas cidades de Xonia nesta época e que carecía de ambicións políticas. Da súa obra non queda moito, pois non alcanzou a ter unha edición alexandrina, pero foi coñecido por Isócrates e en época imperial (Dión Crisóstomo). Deuse o seu nome a un poema didáctico que hoxe coñecemos por Pseudo-Focílides, que é en realidade do século I e posúe influencias xudías [1].
Moitas de tales pezas conteñen máximas de conduta e doutrina moral, e inícianse coa frase: "E isto, de Focílides", coma se con iso quixese deixar para sempre establecido que el foi o seu autor. Polo seu estilo elegante e sobrio, é seguro que as súas máximas foron aprendidas facilmente de memoria, cousa que debe de haberlle gañado popularidade nas escolas. Falsamente atribuíuselle un conxunto de normas escritas en 230 hexámetros; obra, segundo todas as posibilidades, dalgún alexandrino hebreo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Este poema foi traducido ao español polo escritor barroco Francisco de Quevedo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- VV. AA., Historia de la literatura griega. Madrid: Cátedra, 1988. (en castelán)
- Bonifaz Nuño, Rubén, Antología de la Lírica Griega. Nuestros Clásicos nº 71. UNAM. México 1988, p. 59-64 (en castelán)