Fleur Jaeggy
Fleur Jaeggy | |
---|---|
Nome completo | Fleur Jaeggy |
Alcume | Carlotta Wieck |
Nacemento | 31 de xullo de 1940 |
Lugar de nacemento | Zürich |
Nacionalidade | Suíza |
Ocupación | tradutora e escritora |
Cónxuxe | Roberto Calasso |
Premios | Premio Viareggio e Bagutta Prize |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fleur Jaeggy, nada en Zúric o 31 de xullo de 1940, é unha escritora suíza en lingua italiana.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A súa infancia e adolescencia transcorre nunha sucesión de internados femininos entre Suíza e Roma. En 1968 instálase en Milán e publica a súa primeira novela Il dito in bocca. Acadou o éxito con Os ditosos anos do castigo, que foi premio Bagutta en 1990. A súa novela Proleterka recibiu o premio Viareggio 2002.
Jaeggy combina a súa actividade literaria con traducións e estudos sobre John Keats, Marcel Schwob e Thomas De Quincey, a cuxos retratos consagra a súa obra Vite congetturali (2009). En música, colaborou con textos para Franco Battiato.
Esta casada co escritor e editor Roberto Calasso
Obra[editar | editar a fonte]
A súa obra ten influencia de Robert Walser, Ingeborg Bachmann e Thomas Bernhard, e da literatura mística e sapiencial de Occidente e Oriente, especialmente do mestre Eckhart, e Zhuang Zi.
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Il dito in bocca, 1968.
- L'angelo custode, 1971.
- Le statue d'acqua, 1980.
- Os ditosos anos do castigo, 1989 (I beati anni del castigo, traducida por Cristina González Piñeiro, Edicións Barbantesa, 2010).
- La paura del cielo, 1994.
- Proleterka, 2001.
- Vite Congetturali, 2009.
Teatro[editar | editar a fonte]
- Un tram che si chiama Tallulah, 1975.