Finnian de Clonard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
San Finnian de Clonard
Clonard RC Church St Finian 06 Detail 2007 08 26.jpg
Imaxe de san Finnian bendicindo aos Doce Apóstolos de Irlanda
Pasamento 12 de decembro de 549 en Clonard, Irlanda
Proceso de canonización
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica
Igrexa ortodoxa
Festividade12 de decembro
Patrón/a deDiocese of Meath

Finnian de Clonard, nado no 470 en Myshall, condado de Carlow, no reino de Leinster e finado o 12 de decembro de 549 en Clonard, foi un dos primeiros monxes irlandeses, fundador e primeiro abade da Abadía de Clonard, posiblemente bispo da mesma diocese, e mestre dos Doce Apóstolos de Irlanda. Xunto a san Enda de Aran, é considerado un dos pais do monacato en Irlanda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Finnian naceu nunha familia nobre de Leinster e foi bautizado por san Abán de Magheranoidhe e desde moi cedo posto baixo a tutela de san Fortchern, bispo de Trim,[1] que o instruíu ata os trinta anos de idade, cando o mozo asceta viaxou a Europa continental e a continuación ao país de Gales, onde foi instruído por san David de Gales en Llancarfan.[2] Tras este longo período de aprendizaxe regresou a Irlanda, onde predicou en Wexford, Wicklow e Kildare, e onde estivo en contacto con santa Bríxida,[3] antes de finalmente establecerse en Clonard.

Comezou en Clonard unha vida ascética e solitaria[4] ata que, no 520, fundou oficialmente a súa abadía e a escola, atraendo miles de discípulos de todas as clases e orixes. Foi recoñecidos pola súa rixidez e os seus métodos ascéticos.[3] Entre os seus alumnos destaca o grupo coñecido como os Doce Apóstolos de Irlanda.

Finnian morreu probablemente o 12 de decembro de 549 por mor da peste.[5] As súas reliquias foron preservados na súa propia abadía, ata que foron destruídas no século IX.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Farmer, David Hugh (1997). The Oxford dictionary of saints (4. ed.). Oxford [u.a.]: Oxford Univ. Press. ISBN 0-19-280058-2.