Saltar ao contido

Ninnidh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNinnidh

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor em Wikidata
Apóstolo
Abade
Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa18 de xaneiro Editar o valor em Wikidata

Ninnidh (tamén coñecido como Ninnidh o Piadoso, irlandés: Ninnidh leth derc, que significa Ninnidh dun ollo) foi un santo cristián irlandés do século VI. San Ninnidh pertenceu ao grupo coñecido como os Doce Apóstolos de Irlanda. Asóciase coa costa do Lough Erne e, en particular, a illa de Inishmacsaint e a Knockninny no condado de Fermanagh en Irlanda do Norte. A súa festa celébrase o 18 de xaneiro.

Ninnidh de Inismacsaint confúndese ás veces con san Ninnidh da man pura, quen atendeu a Bríxida de Kildare no seu leito de morte.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ninnidh naceu no condado de Donegal. Foi neto de Laoghaire, o alto rei de Irlanda. Foi educado baixo a tutela de Finnian na abadía de Clonard[3] onde coincidiu con Ciarán de Clonmacnoise, san Molaise de Devenish e san Aidán de Ferns. Ninnidh predicou pola beira sur do lago Erne, convertendo a illa de Inishmacsaint na súa sé arredor do ano 532.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]