Mentres que a proteína ficocianina leva unido covalentemente o pigmento ficocianobilina, producindo un máximo de absorción de arredor de 620nm, a proteína ficoeritrocianina contén tanto o cromóforo ficoviolobilina coma dous cromóforos de ficococianobilina[1], o que fai que o seu máximo de absorción sexa de arredor de 575nm. Como tanto a ficoeritrocianina coma a ficocianina teñen unha ficocianobilina que actúa como aceptor terminal da transferencia de enerxía, presentan fluorescencia arredor de 635nm, que é absorbida polas aloficocianinas que teñen unha absorción máxima de arredor de 650nm e unha fluorescencia máxima de arredor de 670nm. Finalmente, a enerxía da luz absorbida pola ficoerotrocianina transfírese ao centro de reacción fotosintético.
Nun estudo realizado con 240 cepas de cianobacterias atopouse que ningunha das cepas sintetizaba á vez ficoeritocianina e ficoeritrina e que a ficoeritrocianina estaba fundamentalmente restrinxida ás cepas que formaban heterocistes, o cal pode ter utilidade taxonómica.[2] Noutro experimento estudouse a síntese da subunidade alfa da ficoeritrocianina, introducindo o seu xene en plásmidos de Escherichia coli.[3]
↑P. Zehetmayer, Th. Hellerer, A. Parbel, H. Scheer, A. Zumbusch. Spectroscopy of Single Phycoerythrocyanin Monomers: Dark State Identification and Observation of Energy Transfer Heterogeneities. Biophysical Journal Volume 83, Issue 1, p407–415, July 2002.
↑Aaron J. Tooley e Alexander N. Glazer. Biosynthesis of the Cyanobacterial Light-Harvesting Polypeptide Phycoerythrocyanin Holo-α Subunit in a Heterologous Host. Journal of Bacteriologyjb.asm.orgdoi: 10.1128/JB.184.17.4666-4671.2002 J. Bacteriol. September 2002 vol. 184 no. 17 4666-4671. Arquivado 12 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine.