Célula intersticial de Cajal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Célula intersticial de Cajal
Latín cellulae interstitiales stimulantes[1]

A célula intersticial de Cajal (CIC, ou, en inglés, ICC) é un tipo de célula intersticial que se encontra na túnica muscular do tracto gastrointestinal, da cal hai varios tipos con diferentes funcións. Estas células reciben o seu nome polo médico e premio Nobel aragonés Santiago Ramón y Cajal, que as describiu.[2]

As células intersticiais mientéricas de Cajal serven como marcadoras do ritmo co que se crea o potencial de onda lenta bioeléctrico que orixina a contracción do músculo liso, como se demostrou no intestino de rato.[3][4]

As células intersticiais intramusculares de Cajal están implicadas na estimulación de células musculares lisas, e os neurotransmisores actúan a través delas.[5] Estudos morfolóxicos demostraron que a neurotransmisión motora no tracto gastrointestinal ocorre por medio de sinapses especializadas entre as terminais nerviosas entéricas e as CICs intramusculares. Certos canais de cloruro activados por calcio xogan un importante papel na regulación das CIC humanas gastrointestinais, especialmente o canal ANO1 de anoctamina.[6] Un estudo recente sinalou que o carbacol incrementa a actividade das CIC a través deste canal.[6][7] Os ratos knockout para ANO1 non poden producir as ondas lentas e os inhibidores do canal ANO1 en humanos bloquean a produción da onda lenta.[6]

Sábese que moitos tipos de tecidos musculares lisos conteñen CICs, pero con poucas excepcións a función destas células non se coñece e actualmente é unha área en activa investigación.

Estas células derivan do mesoderma.[8]

Papel na actividade das ondas lentas[editar | editar a fonte]

As CICs serven como marcapasos eléctricos e xeran ondas lentas eléctricas espontáneas no tracto gastrointestinal. As ondas lentas eléctricas propáganse desde as CICs ás células musculares lisas e a despolarización resultante inicia a entrada de ións calcio e a contracción. As ondas lentas organizan as contraccións intestinais en contraccións fásicas que son a base do peristaltismo e as contraccións de segmentación.

Frequencia das células marcapasos CIC[editar | editar a fonte]

A frecuencia da actividade marcapasos das CICs é diferente en distintas rexións do tracto gastrointestinal:[9]

As CICs tamén median a entrada de sinais neurais procedente das neuronas motoras entéricas. Os animais que carecen de CICs teñen respostas moi reducidas ao neurotransmisor acetilcolina, liberado polas neuronas motoras excitadoras, e ao transmisor óxido nítrico, liberado polas neuronas motoras inhibidoras. A perda de CICs en certas doenzas, pode interromper o control neural normal das contraccións gastrointestinais e levar a trastornos funcionais do tracto gastrointestinal, como a síndrome do intestino irritable.

As CICs tamén expresan mecanismos mecanosensibles que causan que estas células respondan ao estiramento. O estiramento dos músculos gastrointestinais pode afectar ao potencial de repouso das CICs e afectar á frecuencia da actividade marcapasos. O carbacol incrementa a actividade das CICs por medio da activación do canal ANO1.[6][7]

As CICs son tamén fundamentais para a propagación das ondas lentas eléctricas. As CICs forman unha rede a través da cal pode propagarse a actividade de ondas lentas. Se esta rede rompe, entón dúas rexións do músculo funcionarían independentemente.

Patoloxía[editar | editar a fonte]

Pénsase que as CICs son as células a partir das cales se orixinan os tumores do estroma gastrointestinal.[10] Ademais, as anormalidades na rede das CICs é unha causa da pseudoobstrución intestinal crónica.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.uni-mainz.de/FB/Medizin/Anatomie/workshop/EM/EMDuodenum.html
  2. Sanders K, Ward S (2006). "Interstitial cells of Cajal: a new perspective on smooth muscle function". J Physiol 576 (Pt 3): 721–726. PMC 1890422. PMID 16873406. doi:10.1113/jphysiol.2006.115279. 
  3. Hennig GW, Spencer NJ, Jokela-Willis S, Bayguinov PO, Lee HT, Ritchie LA, Ward SM, Smith TK, Sanders KM (May 2010). "ICC-MY coordinate smooth muscle electrical and mechanical activity in the murine small intestine". Neurogastroenterol. Motil. 22 (5): e138–51. PMC 2856807. PMID 20059699. doi:10.1111/j.1365-2982.2009.01448.x. 
  4. Sanders K, Koh S, Ward S (2006). "Interstitial cells of cajal as pacemakers in the gastrointestinal tract". Annu Rev Physiol 68: 307–343. PMID 16460275. doi:10.1146/annurev.physiol.68.040504.094718. 
  5. Kito Y (2011). "The functional role of intramuscular interstitial cells of Cajal in the stomach". J Smooth Muscle Res 47 (2): 47–53. PMID 21757854. doi:10.1540/jsmr.47.47. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Sanders KM, Zhu MH, Britton F, Koh SD, Ward SM (February 2012). "Anoctamins and gastrointestinal smooth muscle excitability". Exp. Physiol. 97 (2): 200–206. PMC 3272164. PMID 22002868. doi:10.1113/expphysiol.2011.058248. 
  7. 7,0 7,1 Zhu MH, Sung IK, Zheng H, Sung TS, Britton FC, O'Driscoll K, Koh SD, Sanders KM (September 2011). "Muscarinic activation of Ca2+-activated Cl- current in interstitial cells of Cajal". J. Physiol. (Lond.) 589 (Pt 18): 4565–82. PMC 3208225. PMID 21768263. doi:10.1113/jphysiol.2011.211094. 
  8. Kursad Turksen (2006). Embryonic Stem Cell Protocols: Differentiation models. Humana Press. pp. 263–. ISBN 978-1-58829-784-6. Consultado o 14 April 2010. 
  9. Pocock, Richards, Richards, Human Physiology 4/ed, Oxford University Press, 2012. ISBN 978-0-19-957493-3. p.581
  10. Miettinen M, Lasota J (2006). "Gastrointestinal stromal tumors: review on morphology, molecular pathology, prognosis, and differential diagnosis". Arch Pathol Lab Med 130 (10): 1466–78. ISSN 1543-2165. PMID 17090188. doi:10.1043/1543-2165(2006)130[1466:GSTROM]2.0.CO;2. 
  11. De Giorgio R, Sarnelli G, Corinaldesi R, Stanghellini V (2004). "Advances in our understanding of the pathology of chronic intestinal pseudo-obstruction". Gut 53 (11): 1549–1552. PMC 1774265. PMID 15479666. doi:10.1136/gut.2004.043968.  Full Text

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]