CD45
O CD45 (cluster de diferenciación), chamado inicialmente antíxeno común leucocitario, e chamado agora PTPRC (Protein Tyrosine Phospatase, Receptor type, C, proteína tirosina fosfatase, tipo receptor, C) é un encima que se encontra na superficie de células hematopoéticas, que nos humanos está codificado no xene PTPRC do cromosoma 1.[1][2]
Función
[editar | editar a fonte]A proteína codificada por este xene é un membro da familia da proteína tirosina fosfatase (PTP). As PTPs son moléculas de sinalización celular que regulan diversos procesos celulares como o crecemento celular, diferenciación, ciclo mitótico, e a transformación oncoxénica. A PTPRC contén un dominio extracelular, un só segmento transmembrana e dous tándem de dominios catalíticos intracitoplasmáticos, polo que pertence ás PTP de tipo receptor. Este xene exprésase especificamente en células hematopoéticas. Esta PTP é un regulador esencial da sinalización do receptor de antíxenos das células T e B (TCR, BCR)[3]. Funciona por interacción directa con compoñentes dos complexos do receptor de antíxenos ou tamén activando varias quinases da familia Src requiridas para a sinalización do receptor de antíxenos. Esta PTP tamén suprime as quinases JAK, e, deste modo, funciona como un regulador negativo da sinalización do receptor de citocinas. Informouse da existencia neste xene de catro variantes de transcrición de splicing alternativo, que codifican distintas isoformas.[2]
O PTPRC é unha proteína transmembrana de tipo I que está presente en diferentes formas en todas as células hematopoéticas diferenciadas agás os eritrocitos e células plasmáticas que axuda na activación desas células (unha forma de coestimulación). Exprésase en linfomas, células B leucemia linfocítica crónica, tricoleucemia, e leucemia non linfocítica aguda. Os anticorpos monoclonais para o CD45 utilízanse rutineiramente en inmunohistoquímica para diferenciar nas preparacións histolóxicas os linfomas dos carcinomas.[4]
Isoformas
[editar | editar a fonte]A familia do CD45 consta de moitos membros que son todos produtos dun só complexo xénico. Este xene contén 34 exóns e tres dos exóns dos transcritos primarios poden ser empalmados alternativamente para xerar ata oito ARNms maduros distintos e, despois da súa tradución, oito produtos proteicos diferentes. Estes tres exóns xeran as isoformas RA, RB e RC.
As isoformas de CD45 son: CD45RA, CD45RB, CD45RC, CD45RAB, CD45RAC, CD45RBC, CD45R0, CD45R (ABC). A isoforma CD45RA encóntrase en células T virxes, e a CD45R0 en células T de memoria. O CD45 está tamén moi glicosilado. O CD45R é a máis longa destas proteínas e ten 200 kDa cando se illa das células T. As células B tamén expresan o CD45R cunha forte glicosilación, polo que o peso molecular chega a 220 kDa, de aí que se lle chame B220 ou isoforma de 220 kDa de células B. A expresión de B220 non está restrinxida ás células B e pode tamén expresarse nas células T activadas, nun subconxunto de células dendríticas e outras células presentadoras de antíxenos.
Os linfocitos T virxes expresan grandes isoformas de CD45 e son xeralmente positivas para o CD45RA. Os linfocitos T de memoria e os activados expresan a isoforma máis curta de CD45, CD45R0, que carece dos exóns RA, RB e RC. Esta isoforma tan curta facilita a activación das células T.
O dominio citolasmático de CD45 é un dos máis grandes coñecidos e ten unha actividade intrínseca de fosfatase que elimina un grupo fosfato inhibitorio da Lck, unha tirosina quinase, (en células T) ou de Lyn/Fyn/Lck (en células B) e actívaas.
Interaccións
[editar | editar a fonte]A PTPRC interacciona con LYN,[5] Lck,[6][7] SKAP1[8] e GANAB.[9][10][11]
Viuse recentemente que o CD45 interacciona tamén coa proteína UL11 do citomegalovirus humano (HCMV). Esta interacción orixina unha parálise funcional temporal das células T.[12]
Importancia clínica
[editar | editar a fonte]Na medula ósea encóntranse varias variedades de células nai, como as células nai mesenquimáticas e células nai hematopoéticas, e para separalas pode utilizarse o marcador CD45, xa que o CD45 só se encontrará na liña leucocítica.
Uso como marcador
[editar | editar a fonte]En ratos hai dous alelos identificables do CD45: CD45.1 (Ly5.1) e CD45.2 (Ly5.2). Estes dous tipos de CD45 crese que son funcionalmente idénticos. Utilízanse rutineiramente en investigación científica para a identificación de células. Por exemplo, poden transferirse leucocitos desde un rato CD45.1 doante a un rato CD45.2 hóspede, e poden ser despois identificados pola súa expresión de CD45.1. Esta técnica é tamén de uso corrente cando se xeran quimeras. Un sistema alternativo é o uso de alelos CD90 (Thy1). O sistema CD90.1/CD90.2 utilízase do mesmo xeito ca o CD45.1/CD45.2.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kaplan R, Morse B, Huebner K; et al. (1990). "Cloning of three human tyrosine phosphatases reveals a multigene family of receptor-linked protein-tyrosine-phosphatases expressed in brain". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 87 (18): 7000–4. PMC 54670. PMID 2169617. doi:10.1073/pnas.87.18.7000.
- ↑ 2,0 2,1 "Entrez Gene: PTPRC protein tyrosine phosphatase, receptor type, C".
- ↑ UniProt PTPRC
- ↑ Leong, Anthony S-Y; Cooper, Kumarason; Leong, F Joel W-M (2003). Manual of Diagnostic Cytology (2 ed.). Greenwich Medical Media, Ltd. pp. 121–124. ISBN 1-84110-100-1.
- ↑ Brown VK, Ogle EW, Burkhardt AL, Rowley RB, Bolen JB, Justement LB (1994). "Multiple components of the B cell antigen receptor complex associate with the protein tyrosine phosphatase, CD45". J. Biol. Chem. 269 (25): 17238–44. PMID 7516335.
- ↑ Koretzky GA, Kohmetscher M, Ross S (1993). "CD45-associated kinase activity requires lck but not T cell receptor expression in the Jurkat T cell line". J. Biol. Chem. 268 (12): 8958–64. PMID 8473339.
- ↑ Ng DH, Watts JD, Aebersold R, Johnson P (1996). "Demonstration of a direct interaction between p56lck and the cytoplasmic domain of CD45 in vitro". J. Biol. Chem. 271 (3): 1295–300. PMID 8576115. doi:10.1074/jbc.271.3.1295.
- ↑ Wu L, Fu J, Shen SH (2002). "SKAP55 coupled with CD45 positively regulates T-cell receptor-mediated gene transcription". Mol. Cell. Biol. 22 (8): 2673–86. PMC 133720. PMID 11909961. doi:10.1128/MCB.22.8.2673-2686.2002.
- ↑ Arendt CW, Ostergaard HL (1997). "Identification of the CD45-associated 116-kDa and 80-kDa proteins as the alpha- and beta-subunits of alpha-glucosidase II". J. Biol. Chem. 272 (20): 13117–25. PMID 9148925. doi:10.1074/jbc.272.20.13117.
- ↑ Baldwin TA, Gogela-Spehar M, Ostergaard HL (2000). "Specific isoforms of the resident endoplasmic reticulum protein glucosidase II associate with the CD45 protein-tyrosine phosphatase via a lectin-like interaction". J. Biol. Chem. 275 (41): 32071–6. PMID 10921916. doi:10.1074/jbc.M003088200.
- ↑ Baldwin TA, Ostergaard HL (2001). "Developmentally regulated changes in glucosidase II association with, and carbohydrate content of, the protein tyrosine phosphatase CD45". J. Immunol. 167 (7): 3829–35. PMID 11564800.
- ↑ Gabaev I, Steinbrück L, Pokoyski C, Pich A, Stanton RJ, Schwinzer R, Schulz TF, Jacobs R, Messerle M, Kay-Fedorov PC (2011). "The human cytomegalovirus UL11 protein interacts with the receptor tyrosine phosphatase CD45, resulting in functional paralysis of T cells". PLoS Pathog. 7 (12): e1002432. PMC 3234252. PMID 22174689. doi:10.1371/journal.ppat.1002432.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tchilian EZ, Beverley PC (2002). "CD45 in memory and disease.". Arch. Immunol. Ther. Exp. (Warsz.) 50 (2): 85–93. PMID 12022705.
- Ishikawa H, Tsuyama N, Abroun S; et al. (2004). "Interleukin-6, CD45 and the src-kinases in myeloma cell proliferation.". Leuk. Lymphoma 44 (9): 1477–81. PMID 14565647. doi:10.1080/1042819031000097339.
- Stanton T, Boxall S, Bennett A; et al. (2004). "CD45 variant alleles: possibly increased frequency of a novel exon 4 CD45 polymorphism in HIV seropositive Ugandans.". Immunogenetics 56 (2): 107–10. PMID 15057492. doi:10.1007/s00251-004-0668-z.
- Huntington ND, Tarlinton DM (2005). "CD45: direct and indirect government of immune regulation.". Immunol. Lett. 94 (3): 167–74. PMID 15275963. doi:10.1016/j.imlet.2004.05.011.
- Jameson R (2006). "CD45". Immunology course for undergraduates. Davidson College. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2012. Consultado o 2011-10-24.