Fibroadenoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fibroadenoma
Clasificación e recursos externos
Imaxe histopatolóxica de fibroadenoma de mama.
DiseasesDB1595
MedlinePlus007216
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Un fibroadenoma é o tumor benigno máis común da mama feminina. Como o seu nome indica, é unha neoplasia formada polo tecido fibroso e glandular. Ocorre en calquera etapa do período reprodutivo da vida e é algo máis frecuente antes dos 30 anos de idade. Dise que o tumor aparece como resultado do aumento de sensibilidade dun foco mamario ós estróxenos.

Medra polo regular como un nódulo pequeno e centrífugo que adoita ser netamente circunscrito e libremente móbil sobre o parénquima mamario adxacente.[1] Aínda que un fibroadenoma, así como os papilomas intraductais, son crecementos anormais, non son cancerosos e non se poden propagar do seo cara a outros órganos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estela Virginia Mur y col. Displasia mamaria, revisión Arquivado 19 de setembro de 2008 en Wayback Machine. (en español). Revista de Posgrado de la VIa Cátedra de Medicina - N° 133 – novembro de 2003.
  2. American Cancer Society ¿Qué es? Cáncer de seno