Fervenza de Jägala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 59°26′59″N 25°10′43″L / 59.4498160, 25.1785457

Vista da fervenza.

A fervenza de Jägala (en estoniano: Jägala juga) é a maior fervenza natural de Estonia, (a máis alta é a fervenza de Valaste que posúe 30,5 metros).

A fervenza de Jägala atópase no curso inferior do río Jägala, á altura do municipio de Jõelähtme, xunto á aldea de Jägala-Joa, a 25 quilómetros ó leste de Talín. A fervenza sitúase a tres quilómetros da desembocadura do río na baía de Ihasalu, no golfo de Finlandia.

A fervenza posúe unha altura de entre 7,8 a 8,1 metros e un ancho de 50 metros. Debido á forza da auga o bordo de pedra calcaria retrocede 3 cm ó ano, por isto creouse un val de 300 metros de longo e unha profundidade de 12 a 14 metros. O máximo volume de auga alcánzase na primavera e verán, mentres que no inverno a fervenza xéase.[1]

Na lingua nativa a fervenza era chamada Joarüngas. Probablemente foi un sitio de ritos pre-cristiáns. Arredor de 1240 xa se atopa instalado no lugar un muíño de auga do cal existen referencias até 1688. En 1917 instalouse preto da fervenza unha planta de enerxía eléctrica e unha planta de celulosa que deixaron de funcionar a finais da segunda guerra mundial.[2]

A fervenza salva o paso do río dende a meseta de Harju ó norte da chaira costeira do norte de Estonia. A meseta de Harju formada no cámbrico está composta por rochas sedimentarias calcarias a chaira en cambio está formada no ordovícico. Este desnivel forma parte do escarpe chamado Klint Báltico que vai dende a illa de Öland en Suecia até o Óblast de Leningrado en Rusia. Nos arredores da fervenza pódense atopar algúns fósiles como os cefalópodos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sightseeing in Estonia. "Jägala Waterfall". Consultado o 26 de decembro de 2008. 
  2. Waterfalls. "Waterfalls in North Estonia". Consultado o 26 de decembro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]