Fervenza de Valaste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 59°26′38″N 27°20′07″L / 59.443889, 27.335278

Fervenza de Valaste.

A fervenza de Valaste (en estoniano: Valaste juga) é unha fervenza que se atopa no norte de Estonia. Con 30,5 metros é a fervenza artificial máis alta dos países bálticos.[1] Está situada entre as aldeas de Ontika e Valaste, no concello de Kohtla, no Condado de Ida-Viru. A fervenza fórmase cando as augas do regato Valaste se precipitan polos cantís que forman o Klint Báltico, a escasos metros da fervenza o regato desemboca no golfo de Finlandia. Atópase a 7 km ó nordés de Kohtla-Jarve.[2]

A fervenza apareceu da década de 1970 como resultado dunhas obras de drenaxe. A auga aínda segue erosionando a base da fervenza polo que esta é cada vez máis alta. Até as últimas medicións realizadas en 2003 a altura estabelecida era de 25,6 metros.[3] O maior caudal alcánzase na primavera co desxeo, e no outono. No verán diminúe considerablemente. En 1996 a Academia de Ciencias de Estonia declarou a fervenza patrimonio natural e símbolo nacional. O lugar é un popular destino turístico que é visitado sobre todo no inverno cando as augas conxeladas forman unha paisaxe de témpanos de xeo. Xusto enfronte da fervenza levantouse un miradoiro ó que se accede por unhas escaleiras de caracol metálicas construídas en 1999.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "North Estonian Klint Regional Site". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2009. Consultado o 17 de xuño de 2009. 
  2. Waterfalls. "Waterfalls in North Estonia". Consultado o 30 de decembro de 2008. 
  3. Condado de Ida-Viru. "Valaste waterfalls". Consultado o 30 de decembro de 2008. 
  4. Sightseeing in Estonia. "Valaste Waterfall in Ontika". Consultado o 30 de decembro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]