Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ferrol, Ferrol, Ferrol»)
Modelo:Xeografía políticaFerrol
Vista aérea
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°29′04″N 8°13′58″O / 43.4844, -8.2328Coordenadas: 43°29′04″N 8°13′58″O / 43.4844, -8.2328
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalFerrol Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación63.890 (2023) Editar o valor em Wikidata (773,02 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie82,65 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude0 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónJuliano de Toledo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoÁngel Mato (2019–2023) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Ferrol Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15401–15406 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE15036 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webferrol.gal Editar o valor em Wikidata
Facebook: ConcellodeFerrol Twitter: ferroloficial Youtube: UC_0NlPQ6aOitjXrjFUtGtcg Editar o valor em Wikidata

Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, cabeza da comarca de Ferrol e terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2021 tiña 64.785 habitantes. É a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia.

Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, con especial influencia do sector naval. Tamén existe unha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada Española, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un Arsenal Militar.

O concello, situado nunha península, aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén ten unha destacada fachada litoral cara ó océano Atlántico na zona rural. Esa fachada marítima acolle algunhas das máis afamadas praias, como as asentadas nas parroquias de Doniños, San Xurxo, Ponzos ou Covas. Limita por terra co concello de Narón.

Ademais da cidade, o termo municipal comprende once parroquias rurais e a vila da Graña, considerada como zona urbana para os efectos legais malia atoparse no arrabalde. O concello ten unha densidade de poboación de 852,17 hab./km² e unha superficie de 82,6 km².

Toponimia[editar | editar a fonte]

A denominación oficial recoñecida dende 1982 é Ferrol, ben documentada xa no século XV.[1] O emprego do artigo nas formas en castelán El Ferrol, con maiúscula, ou el Ferrol, en minúscula, reflíctese respectivamente no Diccionario de topónimos españoles y sus gentilicios, de Pancracio Celdrán, e no DRAE. Con todo, actualmente as formas con artigo (El Ferrol ou O Ferrol) non son correctas legalmente, malia documentarse en castelán no século XVII, por exemplo, no romance «Despuntado he mil agujas» de Luis de Góngora,[2] ou no texto impreso da Descripción de España y de las costas y puertos de sus reinos (1634) do xeógrafo real Pedro Texeira.[3] Durante a guerra civil española, en 1938 as autoridades franquistas decretaron o uso da denominación de El Ferrol del Caudillo, que se mantivo ata a década de 1980.

Tapa de sumidoiro co nome de El Ferrol del C. (Caudillo) en 2013

Sobre a orixe do nome existe a lenda dun santo bretón chamado Ferreol, quen supostamente chegou ás costas de Ferrol nun barco entre un coro de sete sereas. Outra tradición di que Ferrol provén de farol, en alusión á figura heráldica que aparece no escudo de armas da cidade.[4] Porén, isto non é posible, porque a orixe do escudo de Ferrol remóntase tan só ao século XVIII, así como diversas variantes empregadas ao longo do tempo. A composición heráldica non foi fixada de xeito oficial ata a década de 1990.[5]

A hipótese máis probable[6] sitúa a orixe de Ferrol na toponimia altomedieval a partir dun nome persoal, *Ferrolus, variante do latino Ferreolus ou derivado de Ferrus. Este procedemento de denominación foi moi frecuente na toponimia galega: formábase a partir do xenitivo, nunha secuencia do tipo villa *Ferroli. As referencias máis antigas son do século XI, coa mesma forma que ten na actualidade: Veyga de Ferrol (1085), "per terminos de sancto Juliano de Ferrol" (1087), "medietatem de mea villa de Ferrol" (1111), Ferrol (1212), "Petro Fernandit de Ferrol" (1222), "Petrus Martini, iudicem de Ferrol" (1226).[Cómpre referencia]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Rochas na praia de Doniños

A cidade está orientada cara a ría homónima. O concello limita ó norte e oeste co océano Atlántico, ó sur coa ría e ó leste con Narón, como parte do Golfo Ártabro. Algunhas das súas parroquias sitúanse nunha zona xistosa no val de Trasancos, cun relevo de formas suaves. No concello hai espléndidos areais, como Doniños, San Xurxo, Covas ou Esmelle. O litoral de Doniños ten, amais, como particularidade morfolóxica a lagoa litoral. Na zona é común a práctica do surf e do bodyboard.

Climatoloxía[editar | editar a fonte]

Ferrol caracterízase por un clima oceánico, con choivas abundantes no outono e inverno, veráns pouco soleados e néboas costeiras no verán.

Estación de Monteventoso
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima media (°C) 11,3 11,0 13,3 14,1 16,1 18,9 20,6 20,8 19,6 17,5 13,7 11,7
15,7
Temperatura media (°C) 9,3 8,8 10,7 11,4 13,3 16,0 17,8 18,1 17,1 15,2 11,7 9,8
13,3
Temperatura mínima media (°C) 7,2 6,6 8,1 8,7 10,6 13,2 15,0 15,4 14,7 13,0 9,6 7,8
10,8
Precipitacións (mm) 115 93 113 62 78 61 26 45 74 86 102 115
970
Fonte: Ferrol.gal

Historia[editar | editar a fonte]

A Terra de Trasancos estivo poboada dende antes da romanización. No actual concello de Ferrol hai catalogadas 64 mámoas, principalmente nos Montes de Brión e de Mougá. Son 39 mámoas nos montes de Brión, 20 nos de Mougá e 4 en Leixa[7]. No concello hai, amais, varios castros:[8][9]

Da época romana, en Covas, consérvase a explotación aurífera de Covarradeiras.[10]

Na Idade Media a cidade de Ferrol gozou dalgúns foros e privilexios ata comezar a pertencer á xurisdición da casa de Andrade.

Ferrol desempeñou un papel importante na historia de Galicia e España e nas que foron as súas posesións de ultramar, ao tratarse do porto militar máis importante da península durante séculos. En Ferrol sucedéronse numerosas batallas navais e mesmo algún desembarco promovido polos exércitos ingleses que ansiaban capturar o que consideraban "o mellor porto natural da costa atlántica de Europa" e un enclave estratéxico en España.

A referencia máis antiga que se coñece da área de Ferrol data do século I, no que o historiador romano Pomponio Mela, ao describir o Magnus Portus Artabrorum, denomínao Adobrica. Con todo, hai quen afirma que a fundaron os normandos cara ao século X. No século XI aparece por primeira vez o nome de Sancto Iuliano de Ferrol nun documento histórico.

Vista do Castelo de San Felipe
Vista do Castelo de San Felipe

O castelo de San Felipe foi construído na boca da ría en 1577 para defender o porto de Ferrol. Dende este partía unha cadea que, en caso de incursión naval, era levantada para impedir o paso dos navíos hostís. En 1588, debido a un temporal, parte das naves que formaban a Armada Invencible de Filipe II buscou refuxio na ría de Ferrol. Durante o ataque de Francis Drake á cidade da Coruña en 1589, Ferrol serviu como porto de abrigo e reparación á frota marítima. En 1594 a armada inglesa intentou apoderarse de Ferrol.

En 1726 Filipe V nomea a vila capital do Departamento Marítimo do Norte de España, motivo polo que a poboación é coñecida como a Cidade Departamental. A que era apenas unha vila mariñeira converteuse durante un tempo na maior cidade de Galicia, con 25.000 habitantes e un excelente trazado urbanístico novo. Os estaleiros empregaban entre 6.000 e 15.000 traballadores segundo o momento, ademais da base naval e militar. Malia os provedores estaren fóra, foi un poderoso estímulo económico para a comarca, que creou numerosas industrias auxiliares.[11]

Amais, ordenou a instalación dos grandes Estaleiros do Norte de España na ría de Ferrol, nos lugares da Graña e Ferrol, co primeiro proxecto desenvolvido polo enxeñeiro militar Francisco Montaigú. En 1749 Fernando VI dispuxo a instalación dos estaleiros en Esteiro e que fose Ferrol a capital do Departamento Marítimo. En 1787 era a cidade máis poboada de Galiza, cuns 25.000 habitantes, por diante de Santiago de Compostela.

O 25 de agosto de 1800 tivo lugar un intento da armada inglesa de apoderarse de Ferrol e destruír os estaleiros. O almirante Warren enviou máis de 100 barcos e 15.000 homes á Batalla de Brión. Napoleón celebrou a derrota inglesa coa frase "polos valentes ferroláns". En 1809 produciuse a ocupación francesa, pero apenas durou un mes. Ferrol foi a primeira cidade de España en adoptar un sistema de cuadrícula no deseño das rúas do seu ensanche, anterior ó Plan Cerdà de Barcelona.

Mapa de Ferrol de 1858

A alianza con Gran Bretaña durante a guerra da independencia precipitou o fracaso da economía da cidade. Durante o reinado de Fernando VII Ferrol chegou a converterse nunha cidade en declive e perdeu o seu título de capital. Con todo, agromaron novas actividades durante a administración do Marqués de Molina, Ministro de Asuntos Navais a mediados do século XIX.

En Ferrol produciuse a botadura do primeiro barco a vapor de España en 1858, en 1881 do primeiro barco con casco de ferro e en 1912 a do primeiro acoirazado (Acoirazado España), asistido polo rei Afonso XIII.

A Guerra civil española supuxo que os estaleiros, talleres, fundicións e dársenas de Ferrol fosen tomados baixo o control do Estado e completamente nacionalizados en 1945 baixo o nome de Bazán, máis tarde renomeado como IZAR e dende xaneiro de 2005 como Navantia.

Durante a ditadura franquista, o ditador, natural da cidade, renomeouna en 1938 como El Ferrol del Caudillo.[Cómpre referencia] Mantivo dita denominación de maneira oficial ata 1982, cando o goberno municipal o cambiou por Ferrol.

O remate da ditadura e a chegada da democracia en 1978 non axudaron a mellorar a súa situación económica.[Cómpre referencia] Dende 1982 a cidade enfrontouse a numerosos problemas debido ao declive do sector naval e o traslado da Frota da Armada Española á localidade andaluza de Rota (Cádiz). O principio do novo milenio, con todo, foi en xeral un tempo de esperanza ante unha inminente expansión económica.

O remate da autoestrada AP-9 entre Fene e Ferrol en 2003 permitiu a total conexión da cidade coa fachada atlántica galega. Ademais, a posta en marcha do porto exterior e de novas infraestruturas de comunicación e de apoio industrial sustentan esa esperanza de recuperación socioeconómica.

Praza de Armas en 2004. No centro, a casa do concello

Demografía[editar | editar a fonte]

O concello tiña o 1 de xaneiro de 2021 64.785 habitantes[12] (o sétimo de Galicia máis habitado e a máis avellentada das sete cidades).[13] Engadindo as poboacións da comarca a poboación ascende a uns 154.000 habitantes .[14]

Evolución da poboación de Ferrol (I)
1857 1877 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960
18.669 23.848 25.701 25.281 26.331 30.350 35.563 59.829 77.030 74.766
Fonte: Censo poboacional (INE Arquivo) / INEbase[1]
Evolución da poboación de Ferrol (II)
1970 1981 1996 2000 2005 2010 2015 2019 2020
87.736 87.691 83.048 81.255 77.155 73.638 69.452 66.065 65.560
Fonte: Censo poboacional (INE Arquivo) / INEbase[2]


Histograma da evolución de poboación de Ferrol desde 1877. (Fonte: Censos de población INE [3])


Pirámide de poboación de Ferrol no ano 2017. (Fonte: Censos de población INE [4]).)

Barrios[editar | editar a fonte]

A cidade, construída e encaixada contra a ría, atópase afastada dela pola muralla do arsenal e o porto. Ferrol está formado por barrios con estilos arquitectónicos claramente diferenciados. Contrastan as zonas máis antigas e poboadas co ensanche e os barrios obreiros e populosos das aforas. As zonas máis afastadas da cidade, Covas e Doniños, son lugares de natureza case virxe.

  • Ferrol Vello, a zona urbana máis antiga de Ferrol e a orixe da cidade: un castro-vila mariñeira. É un barrio de casas baixas e pequenas, semellantes a outras vilas mariñeiras galegas. En Ferrol Vello naceron boa parte dos ferroláns que deron sona á cidade. A rúa do Castro foi a primeira da cidade e mantén as formas do antigo asentamento. As rúas de medio arco fóronse espallando, a semellanza dos límites castrexos que protexían a vila.
  • A Magdalena, deseñado por enxeñeiros cando Ferrol pasou a ser sede naval. Son rúas rectas e perpendiculares con mazás de casas cuadriculadas. Ferrol foi das primeiras cidades en España en ter un urbanismo racional. Arquitectos, enxeñeiros e xente adiñeirada deixaron a súa pegada nesta zona, con edificios deseñados por Rodolfo Ucha ou Julián Sánchez Bort. Na Magdalena está a casa galega de galería máis antiga de Galiza. O nome débese a unha primitiva capela adicada a María Magdalena situada no barrio ao comezar a construírse a nova poboación no século XVIII.
  • Esteiro, o barrio mariñeiro (e despois obreiro) da cidade. Ata ser derrubado case na súa totalidade na década de 1970, este mantiña moito das orixes de Ferrol. O barrio actual é un novo ensanche da cidade, sede do campus universitario e dos estaleiros. A avenida de Esteiro é unha nova porta de acceso a Ferrol.
  • Ensanches A e B (tamén coñecidos como O Inferniño e Ultramar, respectivamente). Son barrios da periferia urbana que se fixeron e medraron para acoller as ondas de inmigrantes e novos traballadores nos finais do século XX. A estrada de Castela divide os dous barrios. Ao norte desta, entre ela e as vías do tren, atópase O Inferniño, e ao sur desta, Ultramar, delimitado pola estrada da Trincheira e a avenida das Pías.
  • Caranza, barrio construído polo Instituto Nacional de Vivenda na décadas de 1960 e 1970 no couto de Caranza para darlles fogar aos obreiros que chegaban á cidade e persoal militar. Amais da veciñanza orixinal, tamén albergou os veciños do demolido barrio de Esteiro e de parte do da Gándara trala construción do polígono industrial. Ideado como cidade xardín, con rúas amplas, zonas verdes e grandes bloques de vivendas (algúns de máis de dez alturas), logrou manterse vivo por iniciativa veciñal. Entre finais da década de 1970 e 1980 a droga supuxo un drama no barrio, o que lle deu mala fama. Precisamente neste barrio situouse un dos primeiros centros de drogodependencia de Galicia.
  • Recimil, coñecido popularmente como As Casas Baratas ao seren vivendas de protección oficial construídas no franquismo da posguerra pola Lei das Casas Baratas. Hoxe é un barrio protexido pola súa pioneira arquitectura. É propiedade do concello de Ferrol, os residentes están en réxime de alugueiro.
  • Canido, barrio dos traballadores da Bazán e militares, deu acubillo a algunhas das iniciativas industriais máis senlleiras de Ferrol. Os principais centros de ensino de Ferrol están neste barrio. Acolle unha iniciativa de revitalización urbana consistente en encher os muros das vivendas en mal estado con debuxos e grafittis artísticos.
  • San Xoán, barrio que se estende pola estrada de Castela tralos dous Ensanches. Conecta a cidade con Narón na Ponte das Cabras.
  • Santa Mariña, na periferia de Ferrol. É unha zona de hortas e pequenos prados xunto a casas baixas e novas construcións nas estradas máis importantes.
  • Catabois, un dos accesos tradicionais á cidade. Ao longo da estrada fóronse agrupando servizos e creouse unha estrada urbana segundo se achega a Ferrol.
  • A Graña, vila mariñeira situada fronte ao porto de Ferrol. Acolle a base naval, o estaleiro e os portos deportivo e pesqueiro. Mantén a estrutura urbana dunha vila mariñeira galega. Destaca a forma de Y que forman as rúas principais.
  • A Cabana é un pequeno núcleo urbano da ribeira da enseada da Malata, entre Punta Arnela e A Graña. Conta cunha praia e cun dique mareal. O Club de Remo de Ferrol ten aquí as súas instalacións.
  • Valón é un núcleo de poboación que se estende ao longo da estrada de Serantes e A Cabana cara a Brión.
  • O Bertón é un barrio nacente que se atopa encaixonado entre o polígono da Gándara e a avenida das Pías. A maior parte de terreos do barrio aínda está sen construír. Destacan o campo de fútbol, as vivendas baixas orixinais e novas edificacións adicadas a vivendas públicas. Preténdese conectalo cos barrios de Caranza, Ensanche B, Esteiro e Recimil coa urbanización da avenida das Pías para pasar a ser un bulevar e non unha autoestrada urbana.

Economía[editar | editar a fonte]

Vista da ría e os estaleiros
Castiñeira, torta de Ferrol

Dependente durante longo tempo da construción naval, militar e civil, pasou polas sucesivas crises deste sector.

A comarca foi unha das áreas máis industrializadas de Galicia. Conta cunha importante industria de estaleiros inmersa nunha reconversión, consecuencia da crise no sector. A economía da cidade está principalmente ligada a esta industria, centrada tanto no militar coma no civil, de construción e reparación. As instalacións militares ocupan boa parte da zona urbana da cidade, así como as instalacións da Armada Española. Amplas zonas de monte e costeiras pertencen ou pertenceron ao exército: montes de Covas e San Xurxo, Monte Ventoso, Polvoreira de Mougá ou a base naval da Graña.

Proxectos como o Porto exterior de Ferrol pretenden dar un pulo e revogar a situación de certa decadencia con modernas infraestruturas. Xunto co Porto exterior da Coruña e as empresas e polígonos industriais situados entrambos portos conforma unha rexión industrial loxística e marítima.

Medios de comunicación[editar | editar a fonte]

Xornais:

Televisión: Televisión Ferrol Canal 31.

Radio: delegacións locais de Cadena Cope e Cadena Ser.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Castelo de San Felipe
Ría de Ferrol
Teatro Jofre
Concatedral de San Xiao
Praia de Lumebó

Ferrol conta cunha diversidade arquitectónica de grande interese:

  • O Arsenal Militar é un complexo construído en 1751 que marcou a vida e crecemento da cidade nos últimos séculos. É un dos mellores exemplos de arquitectura civil e naval do Estado. Están formados por un recinto amurallado dividido en varias zonas: os Estaleiros, os Diques e o Parque. No seu interior destacan a Porta do Dique, a Porta do Parque, a Sala de Armas, o Dique e o Edificio das Ferreirías.

A Porta do Arsenal, coñecida tamén como Porta do Dique e un dos símbolos da cidade, foi levantada polo enxeñeiro Julián Sánchez Bort no século XVIII. Sitúase fronte a actual praza de Galicia, que tamén acolle hoxe o monumento aos Caídos en África, a sede de Correos e o Teatro Jofre. Trátase dunha torre de planta cadrada rematada por unha cúpula semiesférica con lanterna de ferro forxado. O seu arco triunfal, sobre o que se sitúa o escudo real de Carlos III, está flanqueado por dúas columnas toscanas.

O Museo Naval atópase no antigo penal de San Campio, no interior do Arsenal Militar. Nas súas salas expóñense obxectos relacionados co mar, a navegación e os barcos: restos de buques, planos, maquetas, armamento ou cartografía.

É unha fortificación militar, na súa maioría de estilo neoclásico. Sitúase na boca norte da ría, fronte ao Castelo da Palma, xa no concello de Mugardos, un dos puntos máis estratéxicos da ría. É un dos exemplos máis representativos de fortalezas do século XVIII utilizadas para a defensa da poboación e da ría.

  • O barrio da Magdalena é un exemplo singular do racional urbanismo da época da Ilustración, en tempos de Carlos III. Componse dun sistema simétrico e racionalista ao redor das prazas de Armas e Amboage. As súas rúas aínda conservan vivendas orixinais do século XVIII. Estaban dotadas de grandes balcóns con reixas de ferro forxado colocadas sobre ménsulas pétreas, así como de rechamantes galerías de madeira acristalada pintadas en branco, moitas delas incorporadas xa durante o século XIX. Desta forma, as longas e rectas rúas do centro histórico da cidade vense realzadas por un conxunto de miradoiros de formas características. Segue a destacar hoxe, amais, polas construcións modernistas, coma o Teatro Jofre na praza de Galicia, o Casino Ferrolán, o Hotel Suízo cos seus destacados balcóns de ferro forxado ou o Banco Simeón, coas súas airosas e delicadas galerías. Tamén son de interese os seus xardíns, a concatedral e a Fonte de San Roque, que alberga na súa fachada de pedra o escudo heráldico máis antigo da cidade, co nome de Ferrol.
  • A concatedral de San Xiao é un templo proxectado polo arquitecto académico Julián Sánchez Bort a partir de 1763 para a nova barriada que se levantaba na cidade. A súa planta centrada e os primeiros proxectos recollían conceptos arquitectónicos renacentistas, aínda que o edificio considérase neoclásico. Ten planta de cruz grega e unha cuberta cunha gran cúpula que non se deixa ver ao exterior. Ten capelas laterais e unha fachada principal flanqueada por dúas torres rematadas por cúpulas. A portada reproduce modelos compositivos propios do manierismo.

Levantado sobre os restos dunha antiga igrexa románica, é o monumento relixioso máis importante da cidade. En 1959 obtivo o título de Concatedral, pertencente á Diocese de Mondoñedo-Ferrol.

  • A igrexa de San Francisco é unha voluminosa igrexa neoclásica construída en 1757. Nela destaca o retablo maior. Foi levantada sobre os restos do antigo Convento de San Francisco, do século XIV, edificado pola casa de Andrade. Comparte parcela co actual edificio do Parador Nacional de Turismo. É un templo de planta de cruz latina con tres naves, separadas por columnas toscanas, capela maior e sancristía. O seu interior garda tallas de madeira e o retablo, obra de José Ferreiro.
  • O cantón de Molíns e a alameda de Suances son dúas zonas verdes de paseo e esparexemento. No parque municipal Raíña Sofía, o antigo Horto dos Frades, destacan árbores como as acacias e eucaliptos. Separa os barrios de Ferrol Vello e da Magdalena. Nel destacan a pista de baile, o parque didáctico Aquaciencia e o estanque. Neste atópase a Fonte Wallace, adquirida en París en 1889 e rodeada polos bustos de oito ferroláns ilustres. A zona didáctica amosa, a través de xogos, maquetas e paneis, a importancia da auga na vida humana, a súa enerxía e os seus principios dinámicos.
  • A praia de Doniños e a súa lagoa é un longo areal moi frecuentado por surfistas. Trátase dun espazo protexido formado por un amplo complexo dunar, con penachos vexetais que defenden do mar unha lagoa costeira. Ten un rico e variado ecosistema, dende diferentes aves acuáticas (algunhas delas en perigo de extinción) e migratorias ata gansos, que deitan as súas follas entre os xuncos do seu litoral. Outras praias próximas son a de San Xurxo, a de Santa Comba e a de Ponzos.
Ermida de Santa Comba
  • A ermida de Santa Comba está situada nunha pequena illa, na praia homónima. Celébrase unha romaría dende 1110.
  • O baluarte de San Xoán, fronte o porto, é un dos restos máis importantes da antiga muralla do século XVIII. Dende a súa altura pódense entender as diferentes fases históricas da construción do porto comercial.
  • Ferrol Vello é o núcleo onde se orixinou a actual poboación a principios do século XIII. Na Praza Vella, o seu punto neurálxico, atópanse vivendas dunha soa altura e varanda de madeira. Fronte a ela atópanse a Sala de Armas do Arsenal Militar (antigo Cuartel de Instrución de Mariñeiría) e os xardíns en que se asenta a Fonte da Fama.

En toda a contorna destacan construcións de arquitectura popular mariñeira, con cristaleiras e rúas empedradas, estreitas e irregulares. Na actualidade conserva unha estrutura compacta e orientada cara ao porto, aínda que se atopa nun avanzado estado de deterioración.

  • A igrexa de Nosa Señora do Socorro é un pequeno templo neoclásico dunha soa nave levantado no século XVIII na zona vella da cidade, na rúa do Socorro. No seu interior gárdanse as imaxes do Cristo dos Navegantes e a Virxe do Socorro, de gran devoción popular no barrio.
  • Os xardíns de Herrera atópanse entre o Parador Nacional de Turismo e o Pazo de Capitanía xeneral da Armada. Un dos monumentos máis importantes que acolle, amais do Obelisco de Churruca, é a estatua de bronce do militar Jorge Juan, que sinala cun dedo o Arsenal Militar. Conta cun miradoiro dende onde se obtén unha panorámica da ría de Ferrol e do Arsenal Militar.
  • A capela de Nosa Señora das Dores foi levantada na segunda metade do século XVIII na rúa Méndez Núñez, xunto á Praza de Amboaxe. É un pequeno templo dunha soa nave con planta de cruz latina.
  • O Museo da Natureza atópase no edificio do antigo Hospicio da Praza de Amboaxe, na rúa Méndez Núñez. O seu interior está adicado á fauna galega, con esqueletos de mamíferos e aves.
  • O Centro Cultural Torrente Ballester, no antigo Hospital de Caridade, na rúa Concepción Arenal, é un dos espazos culturais máis importantes de Ferrol. Nas súas salas expóñense obras e manifestacións da arte galega e universal, tanto contemporánea como histórica.
  • O Teatro Jofre, sito na praza de Galicia, é unha das grandes obras de arquitectura teatral española do século XIX. Foi inaugurado en 1892 tras moitos problemas económicos para poder afrontar a súa apertura. Destaca pola súa decoración e pola súa acústica. Ao longo do ano acolle numerosos actos culturais.
  • O barrio de Esteiro foi nas súas orixes, no século XVIII, o barrio obreiro de Ferrol, onde residía a maior parte dos traballadores das construcións navais e militares. Na década de 1990 levantáronse modernas vivendas, aínda que segue a conservar algúns edificios orixinais. Entre eles destaca o antigo Hospital de Mariña (actual Campus Universitario) e a Casa do Patín (actual Biblioteca Universitaria).
Ermida de Chamorro, Serantes
  • A ermida de Chamorro, tamén coñecida como capela da Virxe do Nordés, é un pequeno templo na cima dun monte, a uns tres quilómetros do casco urbano. Foi levantada nos primeiros anos do século XVI e ampliada no XVII. Nas súas inmediacións celébrase todos os anos o Luns de Pascua, unha popular romaría na que os fieis soben a pé á ermida para pregarlle á Virxe de Chamorro. O lugar conta cunhas fantásticas panorámicas da cidade de Ferrol e da súa ría.
  • O Cabo Prior fica na parroquia de Covas, a 14 km do núcleo urbano, nunha zona de gran beleza paisaxística e rodeada de cantís. Son famosas as súas vistas marítimas do Arco Ártabro. Nos seus arredores atópase o faro de Cabo Prior, inaugurado en 1953 e aínda en funcionamento, xunto a un miradoiro.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Estradas[editar | editar a fonte]

A autoestrada AP-9, principal vía de acceso á cidade, conecta Ferrol coas cidades galegas do eixe atlántico: A Coruña, Compostela, Pontevedra, Vigo e Tui, na fronteira con Portugal. A autovía A-6, accesíbel mediante a AP-9 a 10 km ó sur da cidade, conecta Ferrol coa Coruña, Lugo e Madrid.

Por outra parte, a autovía AG-64 conecta a cidade con Vilalba e coa A-8, que percorre o Mar Cantábrico ata Donostia.

Comunicación aérea[editar | editar a fonte]

Tanto o aeroporto coruñés de Alvedro (41 km) como o compostelán da Lavacolla (90 km) conectan Ferrol a través da AP-9 coas principais cidades españolas e algunhas europeas.

Ferrocarrís[editar | editar a fonte]

Ferrol conta cunha estación de ferrocarril empregada por Renfe e Feve que conecta a cidade co resto da comunidade autónoma e o país.

Autobuses[editar | editar a fonte]

A cidade de Ferrol conta cunha rede de autobuses urbanos explotada pola compañía Tranvías del Ferrol. Amais de dar cobertura á cidade de Ferrol, algunhas das súas liñas chegan aos concellos de Narón e Neda. En total existen seis liñas de autobuses, amais dunha nocturna entre o Porto (Ferrol Vello) e Neda.

Liña Ruta
1-B Residencia - Porto
1-2 Neda - Porto
3 Porto - Caranza - Residencia
4 Canido - A Graña
7 A Faisca - Correos
9 Caranza - Correos
Estación de autobuses de Ferrol

Pola súa parte, a compañía Rialsa conta con varias liñas urbanas e interurbanas. Da estación de autobuses de Ferrol saen a diario autobuses que comunican a cidade con outros puntos da xeografía galega e española.

Festas e tradicións[editar | editar a fonte]

Rally de Ferrol

Deporte[editar | editar a fonte]

Estadio da Malata.

O Club Natación Ferrol tivo unha sección de tríatlon da que saíu o pentacampión do mundo, Javier Gómez Noya. Dende 2006 a cidade conta co Club Tríatlon Ferrol. Nas súas filas militan varias campioas de España e conta cunha escola de tríatlon das máis numerosas do Estado.

En fútbol o equipo máis destacado é o Racing de Ferrol, na Segunda división B. Xoga os seus partidos como local no Estadio Municipal da Malata. En fútbol sala a cidade conta co Parrulo FS.

En baloncesto destaca o Universitario de Ferrol, fundado en 1997. En 2014 ascendeu á Liga Feminina na que leva varias tempadas. O equipo xoga no Pavillón Polideportivo A Malata. O equipo masculino, o OAR Ferrol (fundado en 1951 e desaparecido en 1996) xogou varios anos na ACB.

En wáter-polo destaca o Club Marina Ferrol.

Nos deportes de motor, o Rally de Ferrol é unha competición oficial do Campionato de España de Rallyes, organizada pola Escudería Ferrol.

Escudo[editar | editar a fonte]

O escudo do concello de Ferrol foi aprobado en sesión municipal o 22 de xuño de 1778. O alcalde, Pedro Bayón, declarou que o escudo heráldico de armas consistía nunha torre con farol, canón e áncora a cada lado.[15] Este deseño foi modificado co tempo e ten variantes que se poden ver por toda a cidade.[16] Nin o escudo de Ferrol nin a bandeira están aprobados pola Xunta de Galicia nin foron publicados no DOG. O concello de Ferrol emprega como deseño nas súas comunicacións un logo estilizado con coroa, castelo con farol, bandeiras e canóns.

Histórico de escudos de Ferrol


Variante do escudo sen coroa.


Ferrol da Ilustración, de forma ovalada, co tempo engadiuse unha grilanda vexetal e dúas bandeiras (España e a da Cidade), duplicadas en sendos mastros a cada lado da torre. A bandeira de Ferrol adoptouse a partir do ano 1845, nas súas orixes era a bandeira da provincia marítima de Ferrol. No século XIX engadiu unha coroa marquesal.


Versión do escudo non oficial con coroa real na Gran Enciclopedia Gallega.


Logo do concello de Ferrol nun sumidoiro.

sen uso empregado en vehículos oficiais, policía local, taxis, bombeiros e outros servizos uso en placas de rúas documentación oficial, mobiliario urbano e publicidade institucional

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Ferrol na literatura popular[editar | editar a fonte]

Refraneiro
  • Cando chove e fai sol, vai o demo pro Ferrol, cargadiño de alfileres pra meterse coas mulleres. [19]
  • Quen pasou a Marola pasou a mar toda.
  • Vaite auga, vente sol polos campos de Ferrol. [20]
Cantigueiro
  • Cando eu saía da Habana/ estábase pondo o sol/ i ouvín toca-las campanas/ nas igrexas do Ferrol. [21]
  • Ferrolana, por te ver,/ pasei o mar da Marola/ a pique de me perder. [22]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Ferrol.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ferrol

Brión (Santa María) | A Cabana (Santo Antonio) | Covas (San Martiño) | Doniños (San Román) | Esmelle (San Xoán) | Ferrol | A Graña (Santa Rosa de Viterbo) | Leixa (San Pedro) | Mandiá (Santa Uxía) | Marmancón (San Pedro) | San Xurxo da Mariña (San Xurxo) | Santa Cecilia de Trasancos (Santa Cecilia) | Serantes (San Salvador)

Lugares[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ferrol vexa: Lugares de Ferrol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lope García de Salazar, Libro de las bienandanzas e fortunas, 1471 - 1476, libro XXV, ed. lit. Ana María Marín Sánchez, Universidade de Valencia, Parnaseo-Lemir.
  2. Cfr. Luis de Góngora y Argote, «Despuntado he mil agujas» (romance), vv. 49-52. «A las armas, mozalbitos, / que un navío filipote / os espera en El Ferrol: / ¡plega a Dios que se derrote!», vv. 49-52
  3. Pedro Texeira, Descripción de España y de las costas y puertos de sus reinos, 1634, fol. 32v. y 33r., ed. de Felipe Pereda y Fernando Marías, El atlas del rey Planeta [Texto impreso], Hondarribia, Nerea, 2002. ISBN 978-84-89569-86-7. Cfr. especialmente para o porto e a vila de Ferrol a páx. 327.
  4. "Guía Xeral da Cidade. Concello de Ferrol" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2010. Consultado o 08 de outubro de 2011. 
  5. "Carlos de Aracil – Juan J. Burgoa . El Escudo de Armas de Ferrol de la Ilustración. FerrolAnálisis nº 21.". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2008. Consultado o 08 de outubro de 2011. 
  6. Navaza, Gonzalo (2011). "1. Galicia", en Toponimia hispánica. Origen y evolución de nuestros topónimos más importantes, pp. 13-14. Denes. ISBN 978-84-92768-75-2. 
  7. Grupo de arqueoloxía da terra de Trasancos. Túmulos prehistóricos do Concello de Ferrol. Anuario Brigantino, 1997 páxinas 11 a 22
  8. Castros de Ferrol. Catálogo de Castros de Ferrolterra.
  9. EXCMO. CONCELLO DE FERROL Revisión y adaptación del plan general de ordenación municipal. Catálogo de bienes protegidos. Xunta de Galicia
  10. Catálogo xeral Ferrol
  11. Beramendi, Justo; "Historia mínima de Galicia"
  12. "Instituto Nacional de Estadística (INE). Población del Padrón continuo por unidad poblacional a 1 de Enero: Ferrol.". Consultado o 13 de febreiro de 2021. 
  13. "Más del 36% de la población gallega reside en las siete grandes ciudades. El Ideal Gallego.". Consultado o 13 de febreiro de 2021. ...Instituto Galego de Estatística (IGE) con datos de 2019. Vigo sigue a la cabeza en población (con 295.364 personas), seguida de A Coruña (245.700), Ourense (105.233), Lugo (98.276), Santiago (97.260), Pontevedra (83.029) y Ferrol (66.065). Además, las mujeres suponen el 52% frente al 48% de los hombres. Las ciudades cuentan con una estructura por edades menos envejecida que la media gallega, a excepción de Ferrol. 
  14. Alonso, Álvaro. La Voz de Galicia, ed. Ferrolterra, Eume y Ortegal perdieron más de 13.000 habitantes en diez años (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2021. 
  15. Verdades y mentiras del escudo de Ferrol galiciaartabradigital.com
  16. El escudo de Ferrol. Nuevas variantes galiciaartabradigital.com
  17. "Fereración Española de Municipios y Provincias" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de abril de 2014. Consultado o 15 de xullo de 2013. 
  18. Ferrol y Vila do Conde apuestan por mantener su “espírito de irmandade” DiarodeFerrol.com
  19. Eladio Rodríguez González, s. v. chover.
  20. Eladio Rodríguez González, s. v. auga.
  21. Xaquín Lorenzo Fernández, 55. No orixinal: tocalas.
  22. Fermín Bouza Brey 1929, 161.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]