Ferroglobus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ferroglobus
Clasificación científica
Dominio: Archaea
Reino: Euryarchaeota
Filo: Euryarchaeota
Clase: Archaeoglobi
Orde: Archaeoglobales
Familia: Archaeoglobaceae
Xénero: Ferroglobus
Nome binomial
'Ferroglobus'
Hafenbradl et al. 1997
Especies
  • F. placidus Hafenbradl et al., 1997

Ferroglobus é un xénero de microorganismos do dominio das arqueas pertencente á familia Archaeoglobaceae.[1]

Ferroglobus é un xénero de euriarqueotas hipertermófilos[2]. Só consta dunha especie, Ferroglobus placidus, illada de sedimentos de fontes hidrotermais mariñas pouco profundas da costa da illa de Vulcano, Italia. F. placidus crece optimamente a 85 °C e a pH neutro. Non pode crecer a temperaturas por debaixo de 65 °C nin por riba de 95 °C. As súas células teñen parede con capa S e flaxelos.

Metabolicamente, Ferroglobus ten características únicas comparado con especies relacionadas como Archaeoglobus. F. placidus foi o primeiro hipertermófilo descuberto que crece anaerobicamente oxidando compostos aromáticos como benzoato ou fenol acopladamente coa redución de ferro férrico (Fe3+) a ferroso (Fe2+)[3]. Pode usar tamén como fontes de enerxía o gas hidróxeno (H2) e o sulfuro de hidróxeno (H2S). Debido á súa forma de vida anaeróbica, usa o nitrato (NO3) como aceptor final de electróns, o cal se converte en nitrito (NO2-). O tiosulfato (S2O32−) pode usarse tamén como aceptor final de electróns. F. placidus pode oxidar anaerobicamente ferro acoplado coa redución de nitrato.[4][5] fixa o CO2 utilizando o encima monóxido de carbono deshidroxenase. Crese que a presenza de organismos similares a F. placidus na Terra primitiva anóxica puido causar a creación das formacións de ferro bandeado que a miúdo se encontran en rochas moi antigas daquela época.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ver no NCBI a páxina para Ferroglobus. Datos extraídos de "NCBI taxonomy resources". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2007-03-19. 
  2. Madigan, M.T. and Martinko, J.M. (2005). Brock Biology of Microorganisms, 11th Ed. Pearson Prentice Hall. 
  3. Tor, J.M., and Lovley, D.R. (2001). "Anaerobic degradation of aromatic compounds coupled to Fe(III) reduction by Ferroglobus placidus". Environmental Microbiology 3 (4): 281–287. PMID 11359514. doi:10.1046/j.1462-2920.2001.00192.x. 
  4. Hafenbradl, D., Keller, M., Dirmeier, R., Rachel, R., Roßnagel, P., Burggraf, S., Huber, H. and Stetter, K.O. (1996). "Ferroglobus placidus gen. nov., sp. nov., a novel hyperthermophilic archaeum that oxidizes Fe2+ at neutral pH under anoxic conditions". Archives of Microbiology 166 (5): 308–314. PMID 8929276. doi:10.1007/s002030050388. 
  5. Tor, J.M., Kashefi, K., and Lovley, D.R. (2001). "Acetate oxidation coupled to Fe(III) reduction in hyperthermophilic microorganisms". Applied and Environmental Microbiology 67 (3): 1363–1365. PMC 92735. PMID 11229932. doi:10.1128/AEM.67.3.1363-1365.2001. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Revistas científicas
  • Hafenbradl, D., Keller, M., Dirmeier, R., Rachel, R., Roßnagel, P., Burggraf, S., Huber, H. and Stetter, K.O. (1996). "Ferroglobus placidus gen. nov., sp. nov., a novel hyperthermophilic archaeum that oxidizes Fe2+ at neutral pH under anoxic conditions". Archives of Microbiology 166 (5): 308–314. PMID 8929276. doi:10.1007/s002030050388. 
Libros científicos
  • Huber H, Stetter KO (2001). "Family I. Archaeoglobaceae fam. nov. Stetter 1989, 2216". En DR Boone and RW Castenholz, eds. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology Volume 1: The Archaea and the deeply branching and phototrophic Bacteria (2nd ed.). New York: Springer Verlag. p. 169. ISBN 978-0-387-98771-2. 
  • Stetter, KO (1989). "Group II. Archaeobacterial sulfate reducers. Order Archaeoglobales". En JT Staley, MP Bryant, N Pfennig, and JG Holt, eds. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology, Volume 3 (1st ed.). Baltimore: The Williams & Wilkins Co. p. 169. 
Bases de datos científicas

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]