Fernando Díaz-Castroverde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Díaz-Castroverde
Biografía
Nacemento8 de maio de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de ensino secundario , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: fernando.diazcastroverdegomez Dialnet: 346517 Editar o valor em Wikidata


Fernando Díaz-Castroverde Gómez,[1] nado en Lugo o 8 de maio de 1967, é catedrático de Lingua galega e Literatura e escritor en lingua galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu traballo céntrase na poesía, na narrativa e na crítica literaria. Colabora en revistas pedagóxicas, literarias, libros colectivos e didácticos. Publicou diferentes artigos ensaísticos e traballos poéticos, como "Escuela de chapapote" en Cuadernos de Pedagogía (2003) , "U-la Atlántida? Céltica: Caderno de estudos galaico-portugueses" en A Trabe de Ouro (2006), Caderno da emoción e a palabra. Lois Pereiro (2011), Caderno Manuel María (2016), Caderno didáctico de Carlos Casares (2017), Lingua e Literatura 4º ESO (2006. Consorcio Editorial Galego), Lingua e Literatura 3º ESO (2007. Consorcio Editorial Galego) ou Lingua e Literatura 4º ESO (2008. Consorcio Editorial Galego) e escribiu nas publicacións A Gaveta e A Xanela. Imparte tamén talleres de escritura creativa, Literalúdica, participa en congresos ( Encontros Pedagóxicos de Compostela, 2009; X Xornadas de Expresión Oral, 2009, Mecánica para interpretación e produción do texto literario, XIX Xornadas de Lingua e Literatura, 2009) e faladoiros (Manuel Oliveira Guerra e a revista Céltica, 2008) sobre literatura galega organizados pola Universidade da Coruña, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega ou a Asociación cultural Eira Vella e participa tamén en diferentes recitais poéticos, como Poesía polos penedos de Pasarela (2021).

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989). 1990, Ediciós do Castro.
  • Constelación de voces. 25 anos de poesía Premio de Carral. 2022, Espiral Maior.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gran Enciclopedia Galega, Apéndice 2000. Dicionario de Literatuta Galega. Autores. Tomo III.
  2. "Xosé Manuel Millán Otero, prémio "O Facho" de poesía" (PDF). A Nosa Terra. 7 de decembro de 1989. 
  3. Begoña Núñez (26 de agosto de 2003). "La asociación cultural sarriana Meigas e Trasgos entregó los premios de su certamen literario". La Voz de Galicia. 
  4. "Fernando Díaz-Castroverde gaña o Premio Repsol". Editorial Galaxia. 27 de marzo de 2012.