Saltar ao contido

Fernando Barcia Veiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando Barcia Veiras
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1885 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xaneiro de 1938 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Normal de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 9356

Fernando Barcia Veiras, nado en Santiago de Compostela o 24 de agosto de 1885 e finado na mesma cidade o 29 de xaneiro de 1938, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Entrou no Seminario, pero abandonouno en 1908 para facer Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela.[1] Exerceu como mestre en Toro (1913), Ponteareas (1917) Corme (1921), Baio (1923), Ardagán e Ameneiro (1936).[2] Presidente da Agrupación Socialista de Santiago de Compostela de 1931 a 1938, cando foi asasinado. Foi detido e procesado pola folga xeral revolucionaria de 1934, pero a súa causa foi sobresida a finais de outubro.[3] Foi un dos fundadores en Galicia da Federación Española de Traballadores do Ensino, vencellada á UGT.[4] Presentou con Eligio Núñez e Apolinar Torres o relatorio "Misión de los trabajadores de la enseñanza en el actual momento histórico de la cultura gallega" ao Congreso de Trabajadores de la Enseñanza de Galicia de maio de 1936.[5] Participou nos mitins de propaganda para pedir o SI no referendo do Estatuto de autonomía como o de Ferrol,[6] ou o de Santiago de Compostela.[7]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado Presidente do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela.[4] Foi detido o 21 de xullo e posto en liberdade ao día seguinte a causa dun erro administrativo. Agochouse na casa da súa curmá Dolores Barcia Pérez, foi declarado en rebeldía e cesado de emprego e soldo en agosto. O 15 de xuño de 1937 foi atopado nun rexistro na casa da curmá na Rúa de San Pedro. Posuía unha gran biblioteca, da que durante o rexistro requisan 43 exemplares. Xulgado en Santiago de Compostela por traizón o 23 e 24 de agosto de 1937,[8] foi condenado a pena de morte e executado no cemiterio o 29 de xaneiro de 1938. A súa curmá Dolores, viúva e nai de Juan Ameneiro Barcia, foi detida e pasou varios meses na cadea de Compostela e cando quedou en liberdade o seu fillo Juan foi obrigado a alistarse. Cando Juan desertou do exército franquista, Dolores volveu pasar varios meses na prisión. Fernando Barcia sufriu expediente de responsabilidades políticas e en 1941 o tribunal requiriu aos seus herdeiros para que fixesen efectiva a sanción económica.[9]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Ramona Blanco Fernández, e tivo catro fillos: Esther, Fernanda, Clementina e Luis Ángel Barcia Blanco.

  1. El Eco de Santiago, 13-3-1913, p. 2.
  2. Concedéronlle a permuta con José González Varela, mestre de Ameneiro, a finais de xuño de 1936. El Compostelano, 30-6-1936, p. 3.
  3. El Pueblo Gallego, 28-10-1934, p. 12.
  4. 4,0 4,1 Oliver, Juan (12 de abril de 2022). "Fernando Barcia, la historia olvidada del maestro republicano al que Franco fusiló tras salvar la vida de dos golpistas". publico.es (en castelán). Consultado o 7 de xullo de 2023. 
  5. El Pueblo Gallego, 22-5-1936, p. 7.
  6. El Pueblo Gallego, 16-6-1936, p. 2.
  7. El Compostelano, 26-6-1936, p. 2-3.
  8. El Eco de Santiago, 24-8-1937, p. 2.
  9. BOE, 9-12-1941, p. 4552.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Paz Cabo, Miguel (2020). Alvarellos Editora. "¡Viva la libertad! La silenciada historia del maestro Fernando Barcia en el Santiago de la segunda República." Santiago de Compostela. ISBN 84-16460-73-1
  • Lamela García, Luis (2005). Do Castro, ed. 1936, la Cruzada en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada. pp. 254–264. ISBN 84-8485-186-9. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]