Fernando Alsina González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando Alsina González
Nacemento1881
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento6 de decembro de 1952
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico, médico, cirurxián e profesor universitario
FillosMercedes Alsina Gómez-Ulla
editar datos en Wikidata ]

Fernando Alsina González nado en Santiago de Compostela en 1881 e finado na mesma cidade o 6 de decembro de 1952, foi un médico, profesor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato en Santiago de Compostela rematando en 1897. Fixo Medicina na Universidade de Santiago de Compostela rematando en 1903 con premio extraordinario. Médico cirurxián. Foi profesor auxiliar numerario da USC. Realizou investigacións sobre o aparato dixestivo, tema da súa tese de doutoramento. Fundou o Sanatorio San Lorenzo (1920). Foi alcalde de Santiago de Compostela ao final da ditadura de Primo de Rivera, sendo elixido o 9 de marzo de 1929[1]. Estivo vencellado aos círculos rexionalistas cataláns e foi un dos asinantes do manifesto de apoio ao Estatuto de Galicia en 1933. De setembro de 1936 e febreiro de 1937 estivo na fronte de guerra no bando franquista exercendo labores cirúrxicas. Foi conselleiro da Caixa de Aforros-Monte de Piedade de Santiago de Compostela dende o 23 de marzo de 1936 e foi nomeado presidente do seu consello de administración o 28 de xullo de 1950. Finou en Compostela o 6 de decembro de 1952.[2]


Predecesor:
José Díaz-Varela Losada
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
1929 - 1930
Sucesor:
Manuel Villar Iglesias

Obras[editar | editar a fonte]

  • Resultados lejanos de la gastroenterostomía como tratamiento de las retracciones cicatriciales de píloro, 1904.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Concepeción Gómez-Ulla e foi pai de Mercedes, Milagros, Javier, Ramón e Fernándo Alsina Gómez-Ulla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ecos compostelanos". El Ideal Gallego (en castelán) (A Coruña). 10-3-1929. p. 5. 
  2. El Correo Gallego, 7-12-1952, p. 1, 4-5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]