Fermata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fermata[1], tamén coñecida como caldeirón[2], é un signo empregado na notación musical para sinalar que se debe prolongar unha nota ou un silencio alén do seu valor normal na partitura. Aínda que a cantidade exacta de tempo aumentado é a criterio do intérprete ou do director, normalmente implica dobrar a duración.

Representación gráfica[editar | editar a fonte]

A fermata represéntase cun signo en forma de punto coroado por un semicírculo que se acostuma colocar, na parte superior do pentagrama, sobre a figura musical a que se aplica. Non obstante, tamén pode aparecer dito signo invertido por baixo da figura.

Exemplo de fermatas afectando a diversas figuras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fermata.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caldeirón.