Fentalla
Fentalla | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Polystichum setiferum' (Forssk.) Woynar |
A fentalla[1] (Polystichum setiferum) é un fento nativo do sur e o oeste de Europa. É máis abondoso en Irlanda, suroeste da Gran Bretaña, oeste de Francia e noroeste da Península Ibérica, onde se combinan invernos suaves e veráns temperados, aínda que tamén aparece puntualmente no norte e nordés de Escocia e leste de Crimea e Turquía; na rexión Mediterránea adoita medrar en cotas altas. Medra en bosques sombrizos e húmidos.
Descrición
[editar | editar a fonte]As frondes, de cor verde brillante miden 30-120 cm de lonxitude. Xeralmente son caídas e polo xeral nun número de 4-10 follas nunha planta madura. As follas son de textura suave, bipinnadas (pinadas en plantas novas). Cada pinna mide de 4 a 14 cm de longo, cunha gran pínnula apuntada cara a arriba na base e as outras pínulas diminuíndo de tamaño dende a base. As frondes individuais viven de 9 a 15 meses e permanecen unidos ao rizoma despois de murchar. Os soros ocupan dúas fileiras a ambos os dous lados da nervadura central de cada pínula e están cubertos por un insidio tipo paraugas agarrado polo centro cos bordos serrados. Producen esporas amarelas claras.
Usos
[editar | editar a fonte]Adóitase utilizar coma planta ornamental en xardíns. Existen varios cultivares cultivados.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome común galego en MiniAtlas Xeobotánico de Galicia - http://www.vexetaciondegalicia.es/fento.php?id=polystichum
- Flora Europaea: Polystichum setiferum
- Hyde, H. A., Wade, A. E., & Harrison, S. G. (1978). Welsh Ferns. National Museum of Wales.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fentalla |