Fenosa (2011)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fenosa
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Fenosa, temporalmente chamada Fenosa Wind, é o nome provisional dunha empresa eléctrica galega, formalizada de maneira pública en 2011.

Composición[editar | editar a fonte]

A firma Fenosa está participada nun 75% pola empresa enerxética Gas Natural Fenosa e nun 25% pola construtora ourensá Copasa[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fenosa Wind foi a máxima beneficiaria do concurso eólico que, en 2010, resolveu a Xunta de Galicia durante o goberno de Alberto Núñez Feijóo. O goberno galego concedeulle a explotación de 339 megawatts repartidos en once parques, o 14,5% da potencia total da convocatoria[1]. No concurso inmediatamente anterior, promovido pola consellería do nacionalista Fernando Blanco (2008), a Gas Natural, que daquela concorría coaligada con Enel, só lle corresponderan a cantidade marxinal de 15 megawatts, mais o concurso foi revogado polo goberno do PPdeG.

En setembro de 2011 presentouse publicamente, recuperando o nome de Fenosa, a empresa fundada na posguerra por Pedro Barrié de la Maza. Nesta nova firma agrupábanse non só a explotación da enerxía eólica concedida polo goberno galego, senón tamén os activos hidráulicos de Gas Natural Fenosa fóra de Galicia (2.100 megawatts en 2011), as centrais de Belesar, As Conchas e Santo Estevo (1500 MW), así como as centrais minihidráulicas, as plantas de coxeración e de biomasa en funcionamento en Galicia (600 MW)[2]. Iso incluiría 54 centrais hidroeléctricas, 41 subestacións e 21 grandes encoros[3].

Notas[editar | editar a fonte]