Fen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fen
分, fēn en chinés
Código:
Ámbito: China
Taiwán
Hong Kong
Macau
Símbolo:
Fracción:
Moedas:1, 2 e 5 fen
Billetes:1, 2, 5, 10, 20 e 50 fen
Emisor:
Taxa de troco:
Troco actual

O fen (chinés: 分; pinyin: fēn) é unha moeda divisionaria, utilizada no que se coñece como a Grande China, é dicir, a República Popular da China, República da China (Taiwán), Hong Kong (onde se denomina cent, en inglés) e Macau (denominada avo, en portugués).[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

O fen procede dunha anterior unidade ponderal correspondente á centésima parte dun liang.

A súa cuñaxe dentro do sistema do renminbi comezou en 1949 coa equivalencia da centésima parte do yuan ou a décima parte do jiao, aínda que existían emisións previas tanto en moeda metálica como en papel moeda.[1][2]

Galería[editar | editar a fonte]

Emitíronse moedas de 1, 2 e 5 fen, e tamén billetes de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 fen.[1][2]

Moedas[editar | editar a fonte]

Billetes e selos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Fen". En Alfaro Asins, C. et al. (2009).
  2. 2,0 2,1 2,2 "Fen". En Amandry, M. (2001).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]