Federico Miraz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Federico Miraz
Nacemento1922
 Ferrol
Falecemento5 de febreiro de 2005
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritor e avogado
editar datos en Wikidata ]

Federico Miraz Fernández, nado en Ferrol en 1922 e falecido en Córdoba o 5 de febreiro de 2005, foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito e Xornalismo e con estudos de Maxisterio, comezou a súa carreira laboral no Faro de Vigo e en 1943, con só 21 anos, é nomeado redactor xefe do xornal La Voluntad, editado en Xixón. Alí permanece durante once anos, ata que en 1955 consegue o seu primeiro posto de director, no leonés Proa, e no seu corresponde Hoja del Lunes de León. Fundador da emisora La Voz de León, foi tamén presidente da asociación da prensa da capital leonesa, e vicepresidente da Federación Nacional de Asociacións da Prensa de España.

En 1961 regresa a La Voluntad, desta volta como director, cargo no que permanece ata 1973, cando se fai cargo da dirección do diario Córdoba, daquela vencellado estruturalmente ao Movemento Nacional. Dirixiu o xornal cordobés durante unha década, ata 1983, cando se retirou por motivos de saúde.