Federico Mediante
Federico Mediante | |
---|---|
Nacemento | 1888 |
Lugar de nacemento | Abres |
Falecemento | 1951 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor e xornalista |
Cónxuxe | Horentina Acosta Waytorn |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Federico Mediante Noceda, nado en Abres, A Veiga, en 1888 e finado en Madrid en 1951, foi un escritor e xornalista asturiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do mestre Manuel Mediante, Federico emigrou a Arxentina con 14 anos de idade. Alí tivo varios traballos. En 1907 volveu a España e ingresou como voluntario no Rexemento de Infantería Príncipe, co que participou na Guerra de Melilla, onde foi feito prisioneiro. Unha vez liberado retornou á súa terra natal.
En 1914 viaxou de novo á Arxentina, onde colaborou con xornais como El Argentino ou El Comercio e fundou La Tarde. Colaborou despois en Eco de Galicia, Heraldo de Galicia, El Regional, El Compostelano, La Comarca, Las Riberas del Eo e Vida Gallega.
Traballou de actor de teatro e enrolouse nun circo co que visitou Mercedes, Buenos Aires, onde coñeceu a Horentina Acosta Waytorn coa que casou. Retornou a España, instalándose en Madrid. Alí traballou como explicador de películas de cine mudo.[1]
Anarquista, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Ribadeo onde o seu irmán José rexentaba o Café-Bar Mediante. Ao finalizar a guerra, grazas á carta de recomendación do director de Las Riberas del Eo, puido regresar a Madrid xunto á súa muller.[2]
Foi autor de máis dun cento de novelas populares,[3] empregando varios pseudónimos, H. A. Waytorn (que son as iniciais da súa muller) e outros como Fred Baxter, Norman Lincoln, Walter Brown, Hendrix Keyne, Spencer Scott, J. Medhel, Bill O'Hara, Boris King, King Drake ou Warner Williams.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Sánchez Salas, Daniel (1998). "La figura del explicador en los inicios del cine español" pp. 73-84. Actas del VI Congreso de la A.E.H.C (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 Martínez Loredo, Ana Rosa (14/12/2021). "Federico Mediante". Álbum de Galicia. Consello da Cultura Galega.
- ↑ Cora, Xosé de (13/7/2021). "Federico Mediante, autor de cien novelas, actor, explicador de películas…" (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Fernández, Martín (14/5/2017). "Federico Mediante, autor de cien novelas populares vinculado al cine y a Ribadeo" La Voz de Galicia (en castelán).
- Sánchez Chaves, Alberto (8/6/2016) "Federico Mediante Noceda, el explicador" La Memoria del Bolsilibro (en castelán).